Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 09 de xullo de 2003 Páx. 9.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA RÚA

EDICTO.

O alcalde da Rúa por resolución con data do 12 de maio de 2003 adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aproba-la convocatoria para a selección do seguinte persoal:

Promoción interna

Denominación do postoCategoría laboralNº de

vacantes

SubalternoSubalterno1

Oficiais vías urbanasOficial2

Oficial camión recollida de lixoOficial1

Consolidación de emprego

Denominación do postoCategoría laboralNº de

vacantes

Auxiliar administrativoAuxiliar administrativo1

Subalterno centro médicoSubalterno1

Atención vías públicasPeón1

Fontaneiro municipalOficial1

Limpeza viaria Peón2

Segundo.-Aproba-las seguintes bases que rexerán a selección de persoal que a continuación se sinalan:

Bases xerais que terán que rexe-los procesos selectivos para prover, en propiedade, as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal municipal

Persoal laboral

Promoción interna

Denominación do postoCategoría laboralNº de

vacantes

SubalternoSubalterno1

Oficiais vías urbanasOficial2

Oficial camión recollida de lixoOficial1

Consolidación de emprego

Denominación do postoCategoría laboralNº de

vacantes

Auxiliar administrativoAuxiliar administrativo1

Subalterno centro médicoSubalterno1

Atención vías públicasPeón1

Fontaneiro municipalOficial1

Limpeza viaria Peón2

Primeira.-Procedemento de selección.

A provisión en propiedade das seguintes prazas vacantes no cadro de persoal da corporación efectuarase polo procedemento de concurso-oposición:

Promoción interna

Denominación do postoCategoría laboralNº de

vacantes

SubalternoSubalterno1

Oficiais vías urbanasOficial2

Oficial camión recollida de lixoOficial1

Consolidación de emprego

Denominación do postoCategoría laboralNº de

vacantes

Auxiliar administrativoAuxiliar administrativo1

Subalterno centro médicoSubalterno1

Atención vías públicasPeón1

Fontaneiro municipalOficial1

Limpeza viaria Peón2

Tódalas prazas vacantes están dotadas coas retribucións básicas correspondentes.

Segunda.-Condicións dos aspirantes.

Para ser admitido á realización das probas selectivas, os aspirantes terán que reuni-los seguintes requisitos:

-Comúns a tódalas prazas convocadas:

a) Ter cidadanía española ou da Comunidade Europea.

b) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, das comunidades autónomas ou da Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

c) Estar en posesión do título esixible, ou en condicións de obtelo na data de finalización dos prazos de presentación de instancias, en cada caso.

Os títulos correspondentes son os seguintes, pero en todo caso, a titulación terá que ser acorde coa correspondente especialidade ou co que establece a normativa vixente.

A) Para o persoal laboral:

-Para as prazas de auxiliares ou equivalentes, título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

Para as prazas de persoal de oficios e similares, certificado de escolaridade.

d) Ter 18 anos de idade na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e non exceder de 50 anos. Para os efectos de idade máxima, compensaranse os servicios prestados e susceptibles de compatibilizarse co fin de reuni-lo período de carencia esixido polo Instituto Nacional da Seguridade Social para a prestación de xubilación.

e) Posuí-la capacidade física e psíquica necesaria para o exercicio das funcións correspondentes.

f) Non encontrarse incurso en ningunha das causas de incapacidade previstas na lexislación vixente.

Terceira.-Forma e prazo de presentación de instancias.

As solicitudes, nas que se fará constar que se reúnen as condicións esixidas nestas bases xerais para a praza a que se opte, dirixiranse ó presidente da corporación e presentaranse no rexistro xeral do concello no prazo de vinte días naturais a partir do día seguinte ó da publicación respectiva do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, que previamente terá que ser publicada no diario oficial de la Comunidad Autónoma e no BOP, acompañada polos seguintes documentos:

a) Fotocopia do DNI ou, se é o caso, pasaporte.

b) Documentos acreditativos dos méritos e circunstancias alegados.

As instancias tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No suposto de instancias defectuosas, requirirase á persoa interesada para que emende no prazo de 10 días naturais, quedando, se non o fai, excluída da lista de admitidos, e arquivándose a petición, cos efectos e de acordo co procedemento previstos no artigo 42.1º da citada lei.

Os aspirantes que teñan a condición legal de diminuídos, deberán de xuntarlle á instancia o certificado do equipo oficial de valoración que acredite a citada condición, a compatibilidade para o exercicio das tarefas e funcións correspondentes á praza que se vai cubrir e, se é o caso, as adaptacións que necesite o posto de traballo.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Finalizado o prazo de presentación de instancias, o presidente da corporación dictará resolución no prazo máximo dun mes, declarando aprobada a lista de aspirantes admitidos e excluídos, e determinando os membros do tribunal cualificador do proceso selectivo e o lugar, a data e a hora da constitución do tribunal.

A publicación do anuncio da citada resolución no diario oficial de la Comunidad Autónoma, pode ser substituída por calquera dos sistemas de notificación ou comunicación que establece o artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador estará constituído da forma seguinte:

Presidente: o do concello, ou membro deste en quen delegue.

Vocais:

Un representante da CC.AA.

Un membro designado polos representantes do persoal laboral, idóneo na especialidade.

Secretario: o da corporación ou funcionario dela en quen delegue.

O tribunal estará integrado, ademais, polos membros suplentes respectivos que, simultaneamente cos titulares, serán designados para a constitución do tribunal.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen asistencia de máis da metade dos seus membros, xa sexan titulares ou suplentes, e as súas decisións terán que ser adoptadas por maioría simple, decidindo, en caso de empate, o voto de calidade do presidente.

O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para todas ou algunhas das probas. Estes asesores limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, de acordo, exclusivamente, ás cales elaborarán co órgano de selección.

A composición do tribunal farase pública mediante anuncio no taboleiro de anuncios da corporación, no prazo máximo dun mes a partir da data de finalización do período de presentación de instancias.

Para tódolos efectos, a sede do tribunal será a da corporación.

A abstención e/ou recusación dos membros do tribunal axustarase ó previsto polos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Sexta.-Sistemas de selección e desenvolvemento dos procesos.

Fase de oposición.

A non presentación dun opositor a calquera dos exercicios no momento de ser chamado, determinará automaticamente a perda do dereito a participar neste exercicio e nos sucesivos, quedando excluído, en consecuencia, do proceso selectivo.

Tódolos exercicios terán a consideración de obrigatorios e eliminatorios para tódolos aspirantes. A puntuación mínima para superar cada un dos exercicios será de 5 puntos.

O prazo máximo para a realización dos exercicios será de 1 hora.

1. Exercicios para as prazas de:

Para os auxiliares de Administración xeral, os exercicios serán os seguintes:

Primeiro.-Consistirá na introducción de textos nun microordenador, co fin de valora-los coñecementos do tratamento de textos, a rapidez na execución, a presentación, a precisión na transcrición, etc, nos sistemas Word Perfect.

Segundo.-Consistirá en responder a un cuestionario de 20 preguntas relativas ó contido do programa que se xunta como anexo I.

Terceiro.-Consistirá na resolución dun caso práctico formulado polo tribunal e relacionado coas funcións que se van desenvolver por un auxiliar administrativo na Administración local.

Para o resto de prazas, os exercicios serán os seguintes:

Primeiro.-Responder por escrito a un cuestionario de 20 preguntas relacionadas co temario que se sinala no anexo II.

Segundo.-Consistirá en desenvolver un tema relacionado coa especialidade da praza convocada que formulará o tribunal.

Terceiro.-Consistirá nunha proba práctica relacionada coa especialidade.

Fase de concurso.

Finalizada a fase de oposición, o tribunal valorará os méritos achegados polos aspirantes, debidamente acreditados, de acordo co baremo establecido no anexo III.

Esta fase non será eliminatoria.

A puntuación mínima para que un concursante poida ser considerado apto é de 5 puntos.

Cualificación:

As cualificacións adoptaranse sumando as puntuacións outorgadas polos diferentes membros do tribunal e dividindo o total polo número destes, o seu resultado será a cualificación definitiva.

A puntuación de tódolos exercicios será de 0 a 10 puntos, resultando eliminado o opositor ou concursante que non chegue a 5 puntos.

As cualificacións de cada exercicio faranse públicas o mesmo día en que se acorden e serán expostas no taboleiro de anuncios da corporación.

A cualificación final será a seguinte: polo sistema de concurso-oposición. a suma das puntuacións obtidas polos aspirantes aprobados en cada un dos exercicios da fase de oposición e a obtida na fase de concurso.

Finalizada a cualificación dos aspirantes, o tribunal fará pública a relación de aprobados, por orde de puntuación, que non poderá exceder do número de prazas convocadas, e elevará a citada relación ó órgano municipal competente da corporación, co fin de que adopte o correspondente acordo para o seu nomeamento.

Os aspirantes propostos presentarán na Secretaría da corporación. no prazo de vinte días naturais desde que se faga pública a relación de aprobados, os documentos acreditativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na base segunda da convocatoria e a declaración complementaria de conducta cidadá establecida na Lei 69/1990, do 1 de decembro. Estarán exentos, non obstante, os que teñan a condición de funcionarios públicos, que terán que achega-la certificación de tal condición. Se no prazo indicado, agás nos casos de forza maior, os aspirantes non presentaran esta documentación, non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidera ter incorrido por falsidade na súa instancia. Neste caso, a presidencia da corporación formulará proposta a favor do seguinte aspirante aprobado que obtivera a puntuación máis alta e teña cabida nas prazas convocadas como consecuencia da citada anulación, que terá que achega-la

documentación antes citada.

Sétima.-Relación de aprobados, nomeamentos ou contratacións.

Os aspirantes nomeados ou contratados terán que tomar posesión ou incorporarse no prazo de trinta días hábiles contados desde o día seguinte a aquel en que se notifique o nomeamento.

Oitava.-Incompatibilidades e réxime de servicio.

Será aplicable a normativa vixente sobre o réxime de incompatibilidades no sector público, en cumprimento da cal, o aspirante, no momento de ser nomeado, terá que realizar unha declaración das actividades que leva a cabo, ou solicitude de compatibilidade, se é necesario, no modelo que lle facilite a mesma corporación.

En canto á determinación e adscrición a postos de traballo, cometidos e réxime de horarios e xornadas, seranlle de aplicación os fixados pola corporación mediante os acordos ou resolucións que adopte ou tivera adoptado esta ou o seu presidente.

Novena.-Asistencia.

Para os membros do tribunal acreditaranse as asistencias a que se refire o Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, ou a lexislación aplicable na data de realización das probas.

Décima.-Incidencias.

A convocatoria e as súas bases, e os actos administrativos que deriven destas e das actuacións do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O tribunal está facultado para resolve-las dúbidas ou discrepancias que se produzan durante o desenvolvemento das probas selectivas.

ANEXO I

Temario xeral para a praza de auxiliar administrativo

Tema 1. A Constitución de 1978. Significado, estructura e contido. Principios xerais.

Tema 2. A organización do Estado na Constitución. A Coroa. As Cortes Xerais: composición, atribucións e funcionamento. O poder xudicial.

Tema 3. A organización territorial do Estado. As comunidades autónomas. A Administración local.

Tema 4. A Administración local: principios xerais. O municipio: concepto, elementos, organización e competencias. As comarcas. A provincia: concepto, elementos, organización e competencias.

Tema 5. O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento.

Tema 6. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. A súa motivación e notificación. Eficacia e validez dos actos administrativos.

Tema 7. Principios xerais do procedemento administrativo. Normas reguladoras. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días e horas hábiles; cómputo de prazos. Recepción e rexistro de documentos.

Tema 8. O Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, do 28 de novembro de 1986.

Tema 9. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatorias e orde do día. Actas e certificacións.

Tema 10. Os contratos administrativos locais: concepto, regulación e réxime xurídico. Elementos. Formas de selección de contratistas. Incumprimentos dos contratos.

Tema 11. Os dereitos e deberes dos veciños no ámbito local. Información e participación cidadá.

Tema 12. Os dereitos e deberes dos empregados públicos locais. O réxime de retribucións. O dereito de sindicación. Incompatibilidades. Réxime disciplinario.

Tema 13. Fases do procedemento administrativo xeral. O silencio administrativo.

Tema 14. Nocións sobre os recursos administrativos. Concepto e clases. A xurisdicción contencioso-administrativa. O recurso contencioso-administrativo. As partes. Actos impugnables.

Tema 15. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 16. Os bens das entidades locais. Concepto. Clases. Clasificación. Inventario.

Tema 17. Os orzamentos locais: concepto, estructura e contido. Aprobación, execución e control do orzamento.

Tema 18. As licencias. Réxime xurídico. Procedemento de outorgamento.

Tema 19. A licencia urbanística. Réxime xurídico.

Tema 20. Ofimática. Concepto e aplicacións. Sistemas físicos e lóxicos. Axenda electrónica. Folla de cálculo. Os gráficos. Os sistemas de tratamento de textos.

ANEXO II

Temario para as prazas de:

Denominación do postoCategoría laboralNº de

vacantes

Subalterno centro médicoSubalterno1

Atención vías públicasPeón1

Fontaneiro municipalOficial1

Limpeza viaria Peón2

Tema 1. A Constitución de 1978. Principios xerais.

Tema 2. A Administración local: principios xerais. O municipio: concepto, elementos, organización e competencias.

Tema 3. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 4. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatorias e orde do día. Actas e certificacións.

Tema 5. Os dereitos e deberes dos veciños no ámbito local. Información e participación cidadá.

Tema 6. Os dereitos e deberes dos empregados públicos locais.

Tema 7. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Principios xerais.

Tema 8. Actitude cara ó público: predisposición. Aspecto persoal. Principios esenciais da relación co público.

Tema 9. Comunicación: concepto. Clases.

Tema 10. Mantemento de instalacións e edificios públicos. Concepto xeral. Clases. Características. As instalacións eléctricas. Sistemas protectores. As instalacións de gas. Sistemas de seguridade.

Temario para as prazas de promoción interna

Denominación do postoCategoría laboralNº de

vacantes

SubalternoSubalterno1

Oficiais vías urbanasOficial2

Oficial camión recollida de lixoOficial1

Tema 1. A Constitución de 1978. Significado, estructura e contido. Principios xerais.

Tema 2. A organización do Estado da Constitución. A Coroa. As Cortes Xerais: composición, atribucións e funcionamento. O poder xudicial.

Tema 3. A organización territorial do Estado. As comunidades autónomas. A Administración local.

Tema 4. A Administración local: principios xerais. O municipio: concepto, elementos, organización e competencias. As comarcas. A provincia: concepto, elementos, organización e competencias.

Tema 5. O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento.

Tema 6. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. A súa motivación e notificación. Eficacia e validez dos actos administrativos.

Tema 7. Principios xerais do procedemento administrativo. Normas reguladoras. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días e horas hábiles; cómputo de prazos. Recepción e rexistro de documentos.

Tema 8. O Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, do 28 de novembro de 1986.

Tema 9. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatorias e orde do día. Actas e certificacións.

Tema 10. Os contratos administrativos locais: concepto, regulación e réxime xurídico. Elementos. Formas de selección de contratistas. Incumprimentos dos contratos.

Tema 11. Os dereitos e deberes dos veciños no ámbito local. Información e participación cidadá.

Tema 12. Os dereitos e deberes dos empregados públicos locais. O réxime de retribucións. O dereito de sindicación. Incompatibilidades. Réxime disciplinario.

Tema 13. Fases do procedemento administrativo xeral. O silencio administrativo.

Tema 14. Nocións sobre os recursos administrativos. Concepto e clases. A xurisdicción contencioso-administrativa. O recurso contencioso-administrativo. As partes. Actos impugnables.

Tema 15. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 16. Os bens das entidades locais. Concepto. Clases. Clasificación. Inventario.

Tema 17. Os orzamentos locais: concepto, estructura e contido. Aprobación, execución e control do orzamento.

Tema 18. As licencias. Réxime xurídico. Procedemento de outorgamento.

Tema 19. A licencia urbanística. Réxime xurídico.

Tema 20. Ofimática: concepto e aplicacións. Sistemas físicos e lóxicos. Axenda electrónica. Folla de cálculo. Os gráficos. Os sistemas de tratamento de textos.

ANEXO III

Táboa de méritos que rexerá a fase de concurso para tódalas prazas convocadas

Para a praza de auxiliar administrativo:

A) Por servicios prestados como auxiliar administrativo na mesma praza convocada na mesma corporación 2,5 puntos por cada ano desempeñado ata un máximo de 10 puntos.

B) Por servicios prestados como auxiliar administrativo en calquera outra administración pública 1 punto por cada ano de servicios efectivamente desempeñado ata un máximo de 5 puntos.

Para os efectos da puntuación destes servicios prestados os puntos das distintas administracións públicas non serán acumulables e os puntos computables serán os de maior puntuación.

Para a praza de subalterno centro médico:

A) Por servicios prestados como subalterno centro médico na mesma praza convocada na mesma corporación 2,5 puntos por cada ano desempeñado ata un máximo de 10 puntos.

B) Por servicios prestados como subalterno centro médico en calquera outra administración pública 1 punto por cada ano de servicios efectivamente desempeñado ata un máximo de 5 puntos.

Para os efectos da puntuación destes servicios prestados os puntos das distintas administracións públicas non serán acumulables e os puntos computables serán os de maior puntuación.

Para a praza de atención vías públicas:

A) Por servicios prestados como atención vías públicas na mesma praza convocada na mesma corporación 2,5 puntos por cada ano desempeñado ata un máximo de 10 puntos.

B) Por servicios prestados como atención vías públicas en calquera outra administración pública 1 punto por cada ano de servicios efectivamente desempeñado ata un máximo de 5 puntos.

Para os efectos da puntuación destes servicios prestados os puntos das distintas administracións públicas non serán acumulables e os puntos computables serán os de maior puntuación.

Para a praza de fontaneiro municipal:

A) Por servicios prestados como fontaneiro municipal na mesma praza convocada na mesma corporación 2,5 puntos por cada ano desempeñando ata un máximo de 10 puntos.

B) Por servicios prestados como fontaneiro municipal en calquera outra administración pública 1 punto por cada ano de servicios efectivamente desempeñado ata un máximo de 5 puntos.

Para os efectos da puntuación destes servicios prestados os puntos das distintas administracións públicas non serán acumulables e os puntos computables serán os de maior puntuación.

Para as prazas de limpeza viaria:

A) Por servicios prestados como limpeza viaria na mesma praza convocada na mesma corporación 2,5 puntos por cada ano desempeñando ata un máximo de 10 puntos.

B) Por servicios prestados como limpeza viaria en calquera outra administración pública 1 punto por cada ano de servicios efectivamente desempeñado ata un máximo de 5 puntos.

Para os efectos da puntuación destes servicios prestados os puntos das distintas administracións públicas non serán acumulables e os puntos computables serán os de maior puntuación.

Para a praza de subalterno:

A) Por servicios prestados como operario, atención, mantemento e custodia de instalacións deportivas na mesma praza convocada na mesma corporación 2,5 puntos por cada ano desempeñado ata un máximo de 10 puntos.

B) Por servicios prestados como operario, atención, mantemento e custodia de instalacións deportivas en calquera outra administración pública 1 punto por cada ano de servicios efectivamente desempeñado ata un máximo de 5 puntos.

Para os efectos da puntuación destes servicios prestados os puntos das distintas administracións públicas non serán acumulables e os puntos computables serán os de maior puntuación.

Para a praza de oficial vías urbanas:

A) Por servicios prestados como operario-peón de vías urbanas na mesma praza convocada na mesma corporación 2,5 puntos por cada ano desempeñado ata un máximo de 10 puntos.

B) Por servicios prestados como operario-peón de vías urbanas en calquera outra administración pública 1 punto por cada ano de servicios efectivamente desempeñado ata un máximo de 5 puntos.

Para os efectos da puntuación destes servicios prestados os puntos das distintas administacións públicas no serán acumulables e os puntos computables serán os de maior puntuación.

Para a praza de oficial camión de recollida de lixo:

A) Por servicios prestados como operario-peón recollida de lixo na mesma praza convocada na mesma corporación 2,5 puntos por cada ano desempeñando ata un máximo de 10 puntos.

B) Por servicios prestados como operario-peón recollida de lixo en calquera outra administración pública 1 punto por cada ano de servicios efectivamente desempeñado ata un máximo de 5 puntos.

Para os efectos da puntuación destes servicios prestados os puntos das distintas administracións públicas non serán acumulables e os puntos computables serán os de maior puntuación.

Terceiro.-Remitir esta convocatoria e as bases ó Boletín Oficial del Estado, ó Diario Oficial de Galicia e ó BOP de Ourense.

A Rúa, 12 de maio de 2003.

José Vicente Solarat López

Alcalde-presidente