Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 09 de xullo de 2003 Páx. 9.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno en sesión celebrada o 7 de maio de 2003, aprobouse inicialmente o prego de cláusulas administrativas particulares, así como a forma de adxudicación por procedemento aberto e pola forma de poxa do alleamento da parcela edificable de propiedade municipal sita na urbanización Campiña-Zarra. Por esta anuncio dáse a coñece-la licitación, consonte ás seguintes características.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o alleamento, mediante poxa, da parcela edificable propiedade municipal, sita na urbanización Campiña-Zarra, dunha superficie de 827,93 m.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Tipo de licitación: o prazo mínimo de licitación fíxase en 146.369,75 euros, sen incluí-los impostos correspondentes.

5. Garantías.

Provisionais: 2.927,40 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfono: 982 29 71 44, 29 71 43, 29 71 86.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

g) Enderezo pola Internet: ww.concellodelugo.org

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: durante o prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben no lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: ó terceiro día (agás sábado ou festivo) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións, excepto no caso de aviso de presentación de proposicións por correo.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario, sendo o seu importe máximo de 750 euros.

Lugo, 9 de xuño de 2003.

P.D. (Decreto 60/1999, do 9 de xullo)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente-alcalde delegado da Área