Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 09 de xullo de 2003 Páx. 9.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA RÚA

EDICTO.

O alcalde da Rúa mediante Resolución do 31 de maio de 2003 adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Rectifica-lo punto segundo, alínea d) das bases que terán que rexe-los procesos selectivos para prover, en propiedade, as prazas de persoal laboral, promoción interna e consolidación de emprego no cadro de persoal municipal que quedará redactado da seguinte maneira: «Ter 18 anos de idade na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e non exceder de 60 anos. Para os efectos da idade máxima, compensaranse os servicios prestados e susceptibles de compatibilizarse para reuni-lo período de carecencia esixido polo Instituto Nacional da Seguridade Social para a prestación de xubilación».

Segundo.-Remiti-la presente rectificación ó Boletín Oficial del Estado, Diario Oficial de Galicia e ó BOP de Ourense.

A Rúa, 31 de maio de 2003.

José Vicente Solarat López

Alcalde-presidente