Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 09 de xullo de 2003 Páx. 9.195

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

REGASIFICADORA DEL NOROESTE, S.A.

ANUNCIO.

1.Entidade adxudicadora: Regasificadora del Noroeste, Sociedad Anónima (Reganosa), A Cruz de Meá, 23, 15620 Mugardos, A Coruña (España).

reganosa*reganosa.com.

Número de teléfono: 0034-981 47 17 20.

Número de fax: 0034-981 14 17 21.

2. Natureza do contrato: construcción da rede de gasoductos de Reganosa.

3. Lugar e entrega de execución: a execución dos traballos realizaranse nos lugares polos que pase o gasoducto, sendo os principais municipios os seguintes: ramal norte: Mugardos (A Coruña), As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), Guitiriz (Lugo) e para o ramal sur: Mugardos (A Coruña), Betanzos (A Coruña), Abegondo (A Coruña) e Arteixo (A Coruña).

4. Obxecto do contrato.

a) Contrato de subministración, construcción, posta en servicio e probas na modalidade chave en man agás o proxecto e máis os terreos, que serán achegados por Reganosa, para a rede de gasoductos que se realizará nas provincias da Coruña e de Lugo, incluíndo amoreamento e subministración de tódolos materiais, construcción, montaxe, probas, posta en gas e elaboración dos manuais de operación e mantemento, ademais de toda a documentación soporte necesaria para a correcta construcción e posta en servicio da rede de gasoductos.

A rede estará constituída por un gasoducto que conectará, polo norte, desde a planta de GNL en Mugardos (A Coruña) ata a conexión coa rede básica en Guitiriz, e, polo sur, desde a planta de GNL ata a conexión á rede básica en Abegondo e ramal a Sabón.

b) Para efectos de contratación, a rede dividirase en 5 lotes, que poderán ser licitados parcialmente ou no seu conxunto:

b.1. Tramo Mugardos-Cabanas, de 10 km de lonxitude, constituído por dous tubos independentes de 26'' e 9,5 mm de espesor, en aceiro ó carbono de calidade API 5L X-70, con revestimento de polietileno. Estación de válvulas e trampas de rascadores.

b.2. Tramo Cabanas-Abegondo. Constituído por un tubo das mesmas características ó anterior, 29 km, dúas estacións de válvulas, unha estación de medida e unha trampa de rascadores.

b.3. Tramo Abegondo-Sabón. Un tubo 41 km de lonxitude e 16'' de diámetro, 7,1 mm de espesor calidade API 5L X-60 similar ós anteriores, 4 estacións de válvulas e dúas trampas de rascadores.

b.4. Tramo Cabanas-As Pontes de García Rodríguez. Un tubo de 29 km, de iguais características ca b.1 e 3 posicións de válvulas.

b.5. Tramo As Pontes de García Rodríguez-Guitiriz. Un tubo de 13 km, e iguais características có anterior, unha posición de válvulas, trampa de rascadores e estación de medida.

Cada tramo levará implícitos os sistemas de comunicación, control, protección catódica e tódalas instalacións auxiliares necesarias para o seu correcto funcionamento.

c) A construcción da rede de gasoductos realizarase baseándose no proxecto constructivo da rede de gasoductos asociados á planta de regasificación Mugardos, realizado por Reganosa.

5. Servicios: os indicados no número 4.

6. Variantes: non se admiten.

7. Exención do uso das especificacións europeas: as exencións, de se-lo caso, fundamentaranse na aplicación dos supostos previstos no artigo 14.1º, apartados a) e c), da Lei 48/1998.

8. Prazo de entrega: o prazo máximo de execución será de 23 meses desde a data de notificación da adxudicación do contrato.

Data do comezo dos traballos: aproximadamente no 4º trimestre do ano 2003.

9. Forma xurídica do oferente: de maneira preferente, a adxudicación realizarase a unha soa empresa, aínda que poderán admitirse, cando existan razóns obxectivas, agrupacións de interese económico ou agrupacións europeas de interese económico, consonte a lexislación española ou outra forma consorcial, sempre coa responsabilidade conxunta e solidaria das empresas participantes.

Os empresarios que asuman o compromiso de consitituírse en agrupación deberán nomear na súa solicitude de participación un dos empresarios ou representante como interlocutor e apoderado único diante da entidade adxudicataria durante a totalidade da execución do contrato.

10. Prazo de recepción de solicitudes.

a) Data límite de recepción das solicitudes de participación: vintedous días naturais (22), desde a data de envío deste anuncio.

b) Enderezo ó que debe remitirse: ve-lo indicado no 1.

c) Idioma: español.

11. Fianza de oferta: segundo se recolla no prego de condicións.

Fianza de contrato: logo de adxudicado o contrato, o contratista achegará unha fianza dunha porcentaxe que se determinará sobre a suma final do contrato, cun valor do 10 por 100.

12. Modalidade de pagamento: o prezo que se oferte deberá ser fixo e non revisable baixo ningún concepto ata o remate da obra e a entrega da instalación con tódalas probas e a documentación final.

A oferta será válida por un período mínimo de doce meses a partir da data de presentación.

13. Situación do contratista e condicións mínimas de carácter técnico e económico ás que debe axustarse: experiencia probada na realización de redes de gasoductos de transporte en alta presión B, de características similares á licitada, na modalidade de chave en man.

Na comunicación por parte dos candidatos, incluirase confirmación de interese nesta adxudicación e unha relación da experiencia acumulada en proxectos semellantes ó desta licitación.

Capacidade financeira para afrontar e respaldar un contrato deste importe e natureza, que se acreditará segundo o previsto na lexislación de contratos das administracións públicas.

14. Criterios de adxudicación: mellor oferta técnico-económica negociada.

15. Oferentes preseleccionados: non procede.

16. Data de publicación do anuncio no Diario Oficial das Comunidades Europeas: non procede.

17. Información complementaria: a adxudicación efectuarase polo procedemento negociado consonte o título IV da Lei 34/1998, do 30 de decembro.

A entidade contratante ten a intención de convidar a presentar ofertas a un mínimo de 3 e un máximo de 5 empresas.

18. Referencia publicación anuncio xornal: non aplica.

19. Data de envío do anuncio pola entidade contratante: 2 de xullo de 2003.

20. Data de recepción do anuncio:

Mugardos, 2 de xullo de 2003.

Mauro Arias Villa

Conselleiro delegado