Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.
Xuízo de procedemento ordinario 299/2002
Parte demandante Promotora de Viviendas Bertamiráns, S.L.
Parte demandada Ricardo Castro Iglesias, Matilde Fraga Mariño
No xuízo referenciado dictouse a resolución cun texto literal que é o seguinte:
«Auto
Xuíz/maxistrado-xuíz Francisco Javier Poza
En Santiago de Compostela, quince de outubro de dous mil dous.
Dada conta;
Antecedentes de feito.
Primeiro.-Polo procurador Manuel Merelles Pérez, actuando en nome e representación de Promotora de Viviendas Bertamiráns, S.L segundo acredita co poder que acompaña, presentouse demanda de xuízo ordinario, sinalando como parte demandada a Ricardo Castro Iglesias, Matilde Fraga Mariño.
Segundo.-Expresa o demandante que a contía da demanda é de 90.152 A.
Fundamentos de dereito.
Primeiro.-Examinada a anterior demanda, considérase á vista dos datos e documentos achegados, que a parte demandante reúne os requisitos de capacidade, representación e postulación procesuais necesarios para comparecer en xuízo conforme o determinado nos artigos 6, 7, 23 e 31 da Lei 1/2000, de axuizamento civil.
Segundo.-Así mesmo, vistas as pretensións formuladas na demanda, este xulgado ten xurisdicción e competencia obxectiva para coñecer estas, segundo os artigos 37, 38 e 45 da citada lei procesual.
Por último, polo que respecta á clase de xuízo, a parte demandante, cumprindo o ordenado no artigo 253.2º da Lei de axuizamento civil sinalou a contía da demanda en 90.152 A, polo que procede substancia-lo proceso polos trámites do xuízo ordinario, segundo dispón o artigo 249.
Terceiro.-Polo exposto procede a admisión a trámite da demanda e, como ordena o artigo 404 da Lei de axuizamento civil, dar traslado desta con entrega da súa copia e da dos documentos acompañados, á parte demandada, emprazándoa, cos apercibimentos e advertencias legais, para que a conteste no prazo de vinte días hábiles computados desde o seguinte ó emprazamento.
Parte dispositiva
1. Admítese a trámite a demanda presentada polo procurador Manuel Merelles Pérez en nome e representación de Promotora de Viviendas Bertamiráns, S.L., fronte a Ricardo Castro Iglesias, Matilde Fraga Mariño, substanciándose o proceso polas regras do xuízo ordinario.
2. Previamente ó emprazamento dos demandados por edictos procédase á averiguación do domicilio ou residencia actual da parte demandada, para este efecto ofíciese á policía nacional para averiguación do actual domicilio destes.
Contra esta resolución cabe interpor recurso de reposición no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación.
Así o manda e asina S.S, do que dou fe».
O/a xuíz/a maxistrado-xuíz/a, o/a secretario/a. En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4º e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, por este edicto emprázase a Ricardo Castro Iglesias, Matilde Fraga Mariño co fin de que no prazo de vinte días compareza nos autos e conteste á demanda, baixo apercibimento de declara-los demandados en rebeldía procesual.
En Santiago de Compostela, cinco de xuño de dous mil tres.
O/a secretario/a xudicial
Rubricado