Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.012

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE FERROL

CÉDULA de notificación de sentencia (351/1999)

Nos autos de referencia, dictouse a sentencia que copiada literalmente o seu encabezamento e decisión é como segue:

Sentencia nº 57. Ferrol, 21 de marzo de 2003. Vistos por min Roberto Soto Sola, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Ferrol e do seu partido xudicial os presentes autos de xuízo executivo nº 351/1999, seguidos por este xulgado, sendo parte demandante a entidade Caja de Ahorros de Galicia (Caixa Galicia) representada pola procuradora Sra. Villaba López e asistida do letrado Sr. Fuertes Lorenzo contra Luis Maroño Díaz, María Luisa López López, José Manuel López López e María Josefa Marqués Casal.

Decido que debo decretar e decreto mandar seguir adiante a execución despachada nos presentes autos por instancia da entidade Caja de Ahorros de Galicia (Caixa Galicia) representada pola procuradora Sra. Villaba López e asistida do letrado Sr. Fuertes Lorenzo contra Luis Maroño Díaz, contra os herdeiros descoñecidos e incertos de José Manuel López López e contra María Josefa Marqués Casal declarados en rebeldía procesual todos eles, por medio de auto do 2 de xullo de 1999, facendo trance e remate

dos bens embargados e co seu producto pagamento á entidade executante.

Notifíquese esta resolución en legal forma ás partes comparecidas.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer neste xulgado recurso de apelación nos termos previstos na vixente LAC (D.T. 2º LAC 1/2000), para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Ferrol e o seu partido xudicial. Sinaturas.

E para que sirva de notificación en forma ós descoñecidos e incertos herdeiros de José Manuel López López, declarados en rebeldía, expido e asino esta cédula en Ferrol o vinteseis de maio de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA