Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.014

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

EDICTO (734/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 734/2002 por instancia de María Josefa Doldán Caridad contra Limpiezas Lago Galicia, S.L., sobre cantidade, nos que recaeu sentencia con data do 3-6-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por María José Doldán Caridad contra Limpiezas Lago Galicia, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.418,25 euros por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndoles saber que contra ela non cabe recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación á empresa Limpiezas Lago Galicia, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 3 de xuño de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado