Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.003

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de xuño de 2003 pola que se declara de interese galego a Fundación Lucus Augusti e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, sección da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Con data do 23 de xuño de 2003 publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde de clasificación da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 11 de xuño de 2003, pola que se clasifica como mixta a Fundación Lucus Augusti e se adscribe á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que terá que exercer plenamente o protectorado sobre ela.

A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Lugo, o día trece de xaneiro de dous mil tres, ante o notario Mario Alfonso Calvo Alonso, co número centro trinta e un do seu protocolo, por Hipólito Trinidad Losada, que intervén no seu propio nome e dereito, e que o fai, ademais, en nome e representación da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo. Esta escritura foi emendada por outra posterior do 20 de maio de 2003, outorgada ante o mesmo notario e con número de protocolo mil novecentos cincuenta e sete.

Segundo consta no artigo 4 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é a promoción de actividades culturais, comerciais, industriais, sociais, actividades formativas, calquera tema de interese autonómico galego, e outros

que teñan por obxecto a promoción e o desenvolvemento do sector da construcción e o seus derivados na provincia de Lugo especialmente.

Por todo iso, e en virtude das competencias que me confire o artigo 34.12º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, e segundo o establecido no artigo 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e 32.3º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Declarar de interese galego a Fundación Lucus Augusti ó cumpriren os seus estatutos as prescricións que para tal efecto sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

2. Ordena-la inscrición da Fundación Lucus Augusti no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, para os efectos constitutivos que sinala la Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E

VOLUNTARIADO