Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.003

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

ORDE do 2 de xullo de 2003 pola que se modifica a Orde do 7 de marzo de 2003, pola que se convocan e aproban as bases polas que se regula a concesión de axudas para levar a cabo programas de educación familiar que desenvolverán as corporacións locais.

A Orde do 7 de marzo de 2003 da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, publicada no DOG número 53, do 17 de marzo de 2003, sinala na súa exposición de motivos que nos orzamentos xerais da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado para o exercicio 2003 existe na aplicación orzamentaria 14.02.212A.460.0 un crédito de 657.086,53 euros consignado para as axudas que se establecen nela, o cal poderá verse incrementado coas achegas doutras administracións públicas para o mesmo fin.

Recibida unha achega do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e existindo por outra parte un remanente

de crédito na devandita aplicación que se considerou conveniente afectar a estes fins, acórdase incrementa-lo crédito que a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado tiña previsto destinar ó financiamento dos programas de educación familiar que desenvolverán as corporacións locais, polo que se fai necesario modifica-la orde de axudas no que respecta ó dito punto.

De acordo con todo o anterior, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifica-lo parágrafo terceiro da exposición de motivos da Orde do 7 de marzo de 2003 pola que se convocan e aproban as bases polas que se regula a concesión de axudas para levar a cabo programas de educación familiar que desenvolverán as corporacións locais, o cal quedará redactado na forma seguinte:

«Nos orzamentos xerais da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado para o exercicio 2003 existe na aplicación orzamentaria 14.02.212A.460.0 para as axudas que se establecen no articulado desta orde, un crédito de 1.435.587,74 euros».

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a directora xeral de Familia para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado