Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.003

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2003 pola que se fai público o acordo do Consello do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 30 de xuño de 2003, polo que se nomea o secretario deste instituto.

Na reunión celebrada o 30 de xuño de 2003, o Consello do Instituto Galego da Vivenda e Solo acorda, por proposta do director xeral do dito instituto e de conformidade co disposto no artigo 9.1º d) da Lei 3/1988, do 27 de abril, da súa creación (DOG do 10 de maio), nomear como secretaria do referido organismo autónomo a María Teresa Morán Calero.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2003.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA