Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.971

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (399/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 399/2003, por instancia de Óscar David Pardo Medín, contra S.U.C. Noroeste Servicios, S.L., sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, 6 de xuño de 2003, Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número dous desta ciudad, viu os presentes autos de xuízo número 399/2003, seguidos por instancia de Óscar David

Pardo Medín, maior de idade, asistido polo letrado Francisco Valiño Ferreiro, contra a empresa S.U.C. Noroeste Servicios, S.L., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido: que debo estimar e estimo a demanda interposta polo demandante Óscar David Pardo Medín, e debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa S.U.C. Noroeste Servicios, S.L. e extinguida a relación laboral na data da presente resolución, condenando á empresa a que lle aboe ó demandante a cantidade de 1.781,41 euros, en concepto de indemnización máis 895,80 euros, por salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra ela, só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberto no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número de expediente.

E, así mesmo, deberá, no momento de interpoñe-lo recurso, consignar a cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación en el Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña, 6 de xuño de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado.