Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.972

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (95/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 95/2003 por instancia de María Carmen Silva Mira contra Cascuema, S.L. sobre salarios, nos que se dictou sentencia en data

23 de maio de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por María Carmen Silva Mira, contra a empresa Cascuema, S.L. condeno a esta a aboarlle a cantidade de 750 euros que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cascuema, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña o 4 de xuño de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado