De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27), para a provisión da praza número 01/145 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Administración desta universidade, a favor de Alberto Cotillo Pereira, e unha vez que o interesado acreditara os requisitos ós que alude o número 2 do artigo 5º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Alberto Cotillo Pereira,, profesor titular de universidade da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Administración desta universidade.
A Coruña, 16 de xuño de 2003.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña