Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores de pesca OU-160/2002-P e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ás persoas que no anexo se mencionan a resolución do expediente sancionador por infracción da Lei sobre pesca 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto).

Non obstante, de acordo cos arts. 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na delegación provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó que a esta resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía executiva.

Ourense, 22 de maio de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/Ano

Denunciado DNIÚltimo enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción euros

OU 160/2002-PDavid Sarmiento de la Riva

DNI: 10088551-S

Batalla de Roncesvalles, 10- 2º A

24400 Ponferrada-León

Pescar en día inhábil (luns)Art. 33.9º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/199260,10

OU 167/2002-PJosé Ángel González García

DNI: 9358362-F

R/ Manuel Martínez Sueiro, 13-4º B

32002 Ourense

Non levar consigo a licencia de pesca nin documento acreditativo da súa identidadeArt. 33.1º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/199260,10

OU 177/2002-PRicardo Felipe da Mota Malhiero

DNI: 11974909

Soutelo. Vila Verde.

Portugal

Pescar sen licencia de pesca. Pescar en día inhábilArt. 34.1º e 33.9º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992300,52 retirada da licencia e inhabilitación para obtela durante un ano.