Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 3 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 25/2003 incoado por infraccións administrativas na orde social.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan, as resolucións na orde social correspondentes.

Empresa: Revestimientos Logar, S.L.

Domicilio, localidade: Ntra. Sra. del Mar, bloque 3, portal B, 1º D, Marín.

Número/expediente: 25/2003, 1641/2002(AI).

Data resolución delegación provincial: 14-5-2003.

Preceptos infrinxidos: artigos 14, 15 e 17 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2º, 12.16º.b), 39.3º e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: multa de 2.500 euros.

Fáiselle saber ós interesados que poden formular recurso de alzada, perante a directora xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselle que de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboa-la multa imposta no prazo de 30 días hábiles contados desde o día seguinte á data de notificación da resolución, nunha das seguintes contas:

Caixa Galicia, conta contable 840. Código 001.

Caixanova Recaudación Xunta: modelo XTAX.

Xa que noutro caso incoarase o procedemento de constrinximento ante a delegación de facenda correspondente.

Vigo, 3 de xuño de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra