Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 3 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de residuos OU-076/2002-RE, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do expediente sancionador por infracción á Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na delegación provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó que esta resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constriximento.

Ourense, 3 de maio de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-076/2002-RE.

Denunciado: José Ramón Fiz Rodríguez.

DNI: 76721155.

Derradeiro enderezo coñecido: r/ San Sebastián, 19. 32630 Xinzo de Limia.

Feito probado: vertedura de pedras procedentes do derrubamento dunha casa.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.4º c), en relación ó artigo 34.3º b) da Lei 10/1998, do 21 de abril de residuos.

Sanción: multa de 300,51 euros e a obriga de repoñe-las cousas ó seu estado anterior á infracción.