Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 3 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 32/2003, por infraccións en materia sanitaria.

Con data 10 de abril de 2003, o delegado provincial da Consellería de Sanidade de Ourense dictou acordo de inicio do expediente sancionador nº 32/2003 incoado na Delegación Provincial de Ourense a Manuel López Reza, como titular do bar restaurante O Eirociño.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xuridico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, ó abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Manuel López Reza o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo quince días hábiles, contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na avda. de Zamora, nº 13 Ourense e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén de que de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nor artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 3 de xuño de 2003.

José F. Troncoso Casares

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 32/2003.

Denunciado: Manuel López Reza (Bar O Eirociño).

CIF/NIF: M-3201449-X.

Último enderezo coñecido: r/ Santo Domingo, nº 4, 32003 Ourense.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 1.1º.c do D. 157/1985, do 11 de xullo; artigos: 3º.5, 3º.4, 3º.6, 6º.2, 6º.3 e 12º do R.D. 3484/2000, do 29 de decembro, que establece as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.

Tipificación: art. 5º en relación co 3º e 4º do D. 157/1985, do 11 de xullo; artigo 36.1º.a da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Sanción procedente: ata 3.005,06 euros (ata tres mil cinco euros e seis céntimos).