Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2003 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Barceló, S.L., sita en Padre Don Rúa, número 2, de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente instruído por instancia de Simón Pedro Barceló Vadell, na súa calidade de representante legal da entidade mercantil Viajes Barceló, S.L., titular da axencia de viaxes Viajes Barceló, S.L., do grupo maiorista-retallista, con código identificativo BAL-005-M/M e casa central na avenida Alexandre Rosselló 34-B de Palma de Mallorca, en solicitude de autorización de apertura dun novo establecemento en Padre Don Rúa nº 2 de Vigo (Pontevedra).

Resultando que coa referida solicitude se achegou toda a documentación que se indica no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.

Considerando que na empresa solicitante e nos novos establecementos da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado decreto para a obtención da súa autorización.

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Autoriza-la axencia de viaxes Viajes Barceló, S.L., do grupo maiorista-retallista, con código identificativo BAL-005-M/M, e casa central na avenida Alexandre Rosselló 34-B de Palma de Mallorca, da que é titular Viajes Barceló, S.L., a apertura dun novo establecemento en Padre Don Rúa nº 2 de Vigo (Pontevedra), que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. Esta sucursal quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2003.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo