Examinado o expediente instruído por instancia de Mª Belén Cabral González, representante legal de Viajes Beka, S.L., titular da axencia de viaxes Viajes Beka en solicitude de concesión do oportuno título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista.
Resultando que coa referida solicitude se achegou toda a documentación que se indica no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.
Considerando que na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, para a obtención do título-licencia de axencias de viaxes do grupo retallista.
Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.
Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta dirección xeral,
RESOLVE:
Concede-lo título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista con XG-215 a Viajes Beka, con casa central na avenida de Ourense, nº 2 de Cangas (Pontevedra) da que é titular Viajes Beka, S.L., que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. Esta axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Previamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.
Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2003.
P.D. (Orde 12-1-1998)
María A. Antón Vilasánchez
Directora xeral de Turismo