Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación denominado Golada 3001, nos concellos de Agolada, da provincia de Pontevedra e Antas de Ulla, da provincia de Lugo, por parte de Granitos Deza, S.L.

A Delegación Provincial de Pontevedra, fai saber que Granitos Deza, S.L. con enderezo social en Carballeda, A Veiga, 36514 Lalín, Pontevedra, presentou nesta delegación provincial o día 5 de febreiro de 2003, instancia-solicitude do permiso investigación denominado Golada, sobre unha superficie de dez cuadrículas mineiras para a investigación de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Agolada da provincia de Pontevedra e Antas de Ulla da provincia de Lugo, ó que lle correspondeu o nº 3001.

A designación do terreo, en coordenadas xeográficas, é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

Pp-V1 7º 59' 40''42º 49' 20''

V2 7º 58' 40''42º 49' 20''

V3 7º 58' 40''42º 48' 20''

V4 7º 59' 20''42º 48' 20''

V5 7º 59' 20''42º 48' 00''

V6 7º 59' 40''42º 48' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente a trámite, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 22 de maio de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO