Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica modificado o proxecto de L.M.T., C.T. e R.B.T. de Baralla. (Expediente 9/2001 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: modificado ó proxecto L.M.T., C.T., R.B.T. Baralla.

Situación: Baralla.

Descricións técnicas:

1. Liña de media tensión con orixe no apoio nº 53 da L.M.T. de Baralla-Becerreá e remate no C.T. de Constantin, cunha lonxitude de 25 m tipo e conductor LA-56/54,6 mm.

2. Centro de transformación intemperie de Constantin cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Rede de baixa tensión do C.T. de Constantin con orixe no C.T. de Constantin, cunha lonxitude de 805 m conductor tipo R.Z. 3x95, 3x50 e 3x25, cun total de 17 apoios de formigón.

4. Rede de baixa tensión do C.T. de Baralla con orixe no C.T. de Baralla, cunha lonxitude de 380 m conductor tipo R.Z. 3x95, 3x50 e 3x25 cun total de 5 apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 22 de maio de 2003.

Jesús Bendaña Súarez

Delegado provincial de Lugo