Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA de 5 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 69/2003, por infraccións en materia sanitaria.

Con data 19 de maio de 2003, o delegado provincial da Consellería de Sanidade da Coruña dictou acordo de inicio do expediente sancionador nº 69/2003 incoado na Delegación Provincial da Coruña a Nicolás Vicente Pardo.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ó abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Nicolás Vicente Pardo o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte á publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coru

ña e obter, se é o caso, unha copia do mesmo, segundo o previsto na alínea a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Apercíbese tamén de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 5 de xuño de 2003.

Jorge Suanzes Hernández

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 69/2003.

Denunciado: Nicolás Vicente Pardo.

DNI/NIF: 53165097E.

Último enderezo coñecido: José Mª Hernansaez, 3-2ºD. A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Precepto/s presuntamente infrinxido/s: art. 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de sanidade; arts. 2.1.1; 2.2 do R.D. 1945/1983, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; R.D. 2483/1986, sobre regulamentación ténico-sanitaria sobre condicións xerais de transporte terrestre de alimentos e productos alimentarios a temperatura regulada e R.D. 147/1993, modificado polo R.D. 315/1996, sobre condicións sanitarias de producción e comercialización de carnes frescas.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 150,25 euros. Cento cincuenta euros con vintecinco céntimos.