Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 13 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 315/2002, por infraccións en materia sanitaria.

Con data 16 de maio de 2003, o delegado provincial da Consellería de Sanidade da Coruña dictou resolución do expediente sancionador nº 315/2002 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Caracoles Norte-Sur, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Caracoles Norte-Sur, S.L, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que lle asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte á publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia cta. contable 840. Código 001 ou na Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña 13 de xuño de 2003.

Jorge Suanzes Hernández

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 315/2002.

Denunciado: Caracoles Norte-Sur, S.L.

DNI/NIF: B82098641.

Último enderezo coñecido: peirao da Palloza, H 11. A Coruña.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia de Rexistro Xeral Sanitario de Alimentos.

Precepto/s presuntamente infrinxido/s: art. 35.A.3 da Lei 14/1986, Lei xeral de sanidade; arts. 2.1.1; 2.2 e 3.3.3 do R.D. 1945/1983, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria e R.D. 1712/1991, polo que se aproba o Rexistro Xeral Sanitario de Alimentos.

Tipificación provisional: leve.

Sanción imposta: 30,05 euros (trinta euros con cinco céntimos).