Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.793

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (25/2002-CH).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña,

Certifico: que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de Pilar Ares Soto, contra Ángel Pardo Rodríguez, sobre demanda de separación contenciosa nº 25/2002-CH dictouse sentencia con data do 6 de xuño de 2003, e para a súa notificación ó demandado rebelde Ángel Pardo Rodríguez, acordouse libra-lo seguinte edicto, que contén literalmente o encabezamento e parte dispositiva desta:

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo de separación contenciosa seguidos neste xulgado co nº 25/2002-CH por instancia de María Pilar Ares Soto representada polo procurador José Amenedo Martínez e defendida polo letrado Jorge Fernández-Chao González, é parte demandada Ángel Pardo Rodríguez en situación de rebeldía procesual. Parte dispositiva: que estimando a demanda interposta polo procurador José Amenedo Martínez, en nome e representación de María del Pilar Ares Soto, contra Ángel Pardo Rodríguez, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro a separación do matrimonio constituído por Ángel Pardo Rodríguez e María del Pilar Ares Soto, celebrado na Coruña o 31 de agosto de 1986 con tódolos efectos legais inherentes a tal pronunciamento sen imposición de custas. Notifíquse esta sentencia ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de

apelación que se interpoñerá por escrito ante este mesmo xulgado no termo de cinco (5) días desde a súa notificación.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde Ángel Pardo Rodríguez en ignorado paradoiro, estendo este edicto na Coruña, dez de xuño de dous mil tres.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS