Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.793

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (81/2002).

Eu, Alberto Ballón Lage, secretario do Xulgado de Primeira Instacia e Instrucción número un de Betanzos, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 81/2002 se dictou a seguinte cédula de citación.

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos acordou citalo, co

fin de que o vindeiro día quince de xullo ás doce horas, asista na sala de vistas á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de realización de actividades sen seguro obrigatorio (636), en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que tente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo.

É apercibido de que de residir no termo municipal, e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderá impoñérselle unha multa, recaendo sobre del o prexuízo a que houber lugar en dereito e que, en caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito perante este xulgado na súa defensa e apoderar a outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tivese, consonte o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e lle sirva de citación a Manuel A. Díaz Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o nove de xuño de dous mil tres.

O secretario

Rubricado