Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.792

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (696/2002-L).

Domingo Villafañez García, secretario en funcións do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña.

Certifico: que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal 696/2002-L seguidos por instancia de Mercedes García Romero representada polo procurador sr. Estévez Doamo e defendido polo letrado sr. Estévez Doamo contra Carlos Cuesta Royo e María del Pilar Platón Refojo nos cales se dictou no día da data a oportuna sentencia con encabezamento e decisión do seguinte teor literal:

«Vistos por min, Javier San Claudio Piñón, maxistrado xuíz de Primeira Instancia número un dos desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal civil, tramitados neste xulgado co número 696/2002, por instancia de Mercedes García Romero, representada polo procurador Vicente Estévez Doamo e defendida polo letrado sr. Estévez Doamo, contra Carlos Cuesta Royo e María Pilar Platón Refojo os cales se atopan en paradoiro descoñecido, sobre desafiuzamento por falta de pagamento; e,

Decido: que estimando a demanda interposta polo procurador sr. Estévez Doamo en representación de

Mercedes García Romero contra Carlos Cuesta Royo e María Pilar Platón Refojo, declaro resolto o contrato de arrendamento do piso 4º dereita do edificio nº 5 da rúa Corcubión da Coruña, condenando os demandados a desaloxalo e a deixa-lo inmoble ó libre dispor do actor dentro do prazo legal, apercibíndoos de lanzamento e impóndolle-las custas do xuízo.

Notifíquese esta resolución ás partes con indicación de que contra ela e de acordo co previsto no artigo 455 da LAC cabe recurso de apelación para preparar perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación apercibindo o demandado de que non se lle admitirá o recurso se ó preparalo non manifesta, acreditándoo por escrito, ter satisfeitas as rendas vencidas e as que conforme o contrato deba pagar por adiantado.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E expídese este edicto co fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia, co fin de proceder á notificación da sentencia dictada no seu día ós demandados Carlos Cuesta Royo e María Pilar Platón Refojo os cales se atopan en paradoiro descoñecido.

A Coruña o vintenove de xaneiro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado