Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PO-A-2002/59 (animais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución dictada pola instructora no expediente que por infracción á Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, se está a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, nos que poderá examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, nº 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 13 de xuño de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-A-2002/59.

Denunciado: Centro Hípico Zumanajor, enderezo: estrada a Forno do Duque, nº 21 de Camposancos (36778-A Guarda).

Feitos denunciados: carecer da documentación pertinente para a actividade e explotación de centro hípico (picadeiro).

Feitos denunciados ás 10.30 horas do día 11 de decembro de 2002, no espacio natural Baixo Miño en Camposancos (A Guarda).

Data do acordo da incoación: 13-1-2003.

Precepto infrinxido: infracción grave do artigo 21.1º f) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Precepto sancionador: artigo 24 da Lei 1/1993, do 13 de decembro, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 600 A.