Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ANUNCIO do 17 de xuño de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental de ampliación dun establecemento de cultivos mariños en Ardia-O Grove (Pontevedra).

Para os efectos previstos no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, no Real decreto 1471/1998, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento e a execución da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, sométese a información pública o estudio de impacto ambiental da ampliación do establecemento que se describe.

Tipo de establecemento: granxa mariña.

Titular: Insuiña, S.L.

Emprazamento: Ardia, s/n-O Grove (Pontevedra).

Data de outorgamento: Orde do 18-4-1986 (DOG nº 90).

Solicitante: Insuiña, S.L. (CIF nº B-36021954).

O estudio de impacto ambiental estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que considere oportunas.

Prazo de exposición: trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exhibición: Servicio de Recursos Mariños da Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de Pontevedra en Vigo.

Rúa Concepción Arenal nº 8-4º-36201 Vigo (Pontevedra).

Horas: das 9 ás 14 horas.

Prazo para formular alegacións: trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 17 de xuño de 2003.

P.D. (14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Pontevedra