Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 10 de xuño de 2003, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente PE104F 2002/257-2.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se menciona no anexo a modificación da resolución dictada o 9 de outubro de 2002 de conformidade co disposto na Orde do 27 de xuño de 2002 (DOG nº 125, do 1 de xullo) pola que se establece unha parada temporal da flota que dirixe a súa actividade á pescada na área de NEAFC e se regula a concesión de indemnizacións ós pescadores e propietarios de buques afectados, logo de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio que figura no expediente que consta nesta delegación territorial.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, con carácter postestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos a partir do día seguinte ó da recepción desta notificación.

O correspondente expediente consta no Servicio de Estructuras e Mercados da Pesca da Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Celeiro-Viveiro (Lugo).

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Celeiro-Viveiro, 10 de xuño de 2003.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: PE104F 2002/257-2 (SXPA).

Interesado: Alejandro García García.

NIF: 10799769-G.

Último enderezo coñecido: Ciriaco Miguel Vigil, 1, Oviedo, 33006 (Asturias).

Data: 29-5-2003.

Asunto: resolución administrativa do 29 de maio de 2003 (reintegro parcial).