Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.663

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 294/2003, do 12 de xuño, polo que se declara a urxente ocupación, no expediente de expropiación forzosa, dos terreos necesarios para proseguir cos labores de explotación da concesión mineira Mondoñedo fracción segunda, 5530.2, situada na Pastoriza (Lugo), solicitada por Emeterio Vega Rodríguez.

Emeterio Vega Rodríguez solicitou da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de

Galicia, a incoación dun expediente de expropiación forzosa polo procedemento de urxencia dos terreos necesarios para prosegui-los labores de explotación da concesión mineira Mondoñedo fracción segunda 5530.2, situada no termo municipal da Pastoriza, da provincia de Lugo.

Os bens a que fai referencia a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente, o cal foi sometido ó trámite de información pública, sendo ademais realizadas notificacións individuais ós interesados dos predios afectados.

A solicitude foi efectuada conforme o disposto no artigo 105 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas,

en relación co artigo 131 do regulamento que desenvolve a dita lei, así como o artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e o artigo 56 do seu regulamento, do 28 de abril de 1957.

Como consecuencia da información pública e das notificacións individuais, foron presentados escritos de alegacións, procedendo a desestimación destas, xa que non desvirtúan as razóns obxectivas polas cales neste momento é urxente a ocupación dos predios para evita-la paralización dos traballos de explotación na concesión de referencia, todo iso en función do que consta no informe da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo e na memoria-proposta da Subdirección Xeral de Recursos Minerais.

A expropiación está xustificada e é de todo punto necesaria e ademais polo procedemento de urxencia, xa que permitirá prosegui-lo aproveitamento racional do xacemento, entendendo como tal o poder aproveitar lousas de maior calidade e en partes máis profundas, mantendo as regulamentarias condicións de seguridade mineira. De acordo co Plan de Labores presentado e aprobado, os predios obxecto de expropiación están afectados para realiza-los labores preparatorios de desmonte na súa superficie. Os terreos obxecto de expropiación supoñen, a raíz dos últimos resultados obtidos nas sondaxes, a única alternativa posible para mante-la actividade habida nos últimos anos polo que a desestimación da petición implicaría graves trastornos ó concesionario, tanto de orde técnica e económica, como de seguridade, segundo o sinalado precedentemente, así como una influencia negativa na economía da comarca polo impacto que nela causaría a perda de postos de traballo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Innovación, Industria e Comercio e previa deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do doce de xuño de dous mil tres

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase urxente, segundo o mencionado artigo 105 da Lei de minas e para os efectos dispostos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, a ocupación dos predios anteriormente citados, situados no termo municipal da Pastoriza (Lugo), definidos nos planos presentados e dos que se publicou a súa relación nos boletíns mencionados, predios que é necesario expropiar para dar continuidade ó laboreo da concesión mineira Mondoñedo fracción segunda 5530.2, da que ostenta a titularidade Emeterio Vega Rodríguez.

Santiago de Compostela, doce de xuño de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL