Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.664

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 24 de xuño de 2003 pola que se resolve a cesión en propiedade de vehículos especialmente preparados para os concellos da Comunidade Autónoma galega que conten con servicios de policía local.

Por Orde do 10 de marzo de 2003 (DOG nº 62, do 28 de marzo), a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local anunciou medidas de apoio á Policía Local de Galicia, consistentes na cesión de vehículos especialmente preparados para o exercicio das súas funcións.

Analizadas as solicitudes e a súa documentación polos servicios competentes da Dirección Xeral de Administración Local, emitiuse o correspondente informe, e de conformidade co punto 5.2º da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.05.624.0, programa 123.A, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2003, a cesión en propiedade de un vehículo equipado para uso da policía local ós seguintes concellos:

* Marca e modelo: Seat Córdoba Stella 1.9 TDI.

Concellos destinatarios: Carnota, Cee, A Laracha, Noia, Sarria, Vilalba, Verín, Baiona, Cambados, Lalín e Nigrán.

* Marca e modelo: motocicleta Piaggio, Hexagon GT 250.

Concellos destinatarios: A Pobra do Caramiñal, Tordoia, Xinzo de Limia, Soutomaior e Tui.

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir e que se formalizarán mediante convenio no que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2003.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local