Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.665

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 24 de xuño de 2003 pola que se resolve a orde de subvencións ás agrupacións de voluntarios de protección civil.

Por Orde do 13 de marzo de 2003 (DOG nº 64, do 1 de abril), a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local anunciou a concesión de subvencións ás agrupacións de voluntarios de protección civil.

Visto o informe técnico emitido polo servicios provinciais de protección civil e a proposta de resolución da comisión avaliadora, en aplicación do artigo 9 da Orde do 13 de marzo,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlles, con cargo á aplicación 13.04.231A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, subvención de carácter xeral ás agrupacións de voluntarios de protección civil dos seguintes concellos: da provincia da Coruña: Abegondo, Ares, Arteixo, Arzúa, Bergondo, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Cabana de Bergantiños, Cambre, Carballo, Cariño, Carnota, Cedeira, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Curtis, Dumbría, Ferrol, Fisterra, A Laracha, Lousame, Malpica de Bergantiños, Melide, Miño, Mugardos, Muros, Muxía, Narón, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Paderne, Padrón, O Pino, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Valdoviño, Vedra, Vilasantar, Vimianzo e Zas; da provincia de Lugo: Baleira, Barreiros, Becerreá, Burela, Carballedo, Cervo, Chantada, A Fonsagrada, Foz, O Incio, Lourenzá, Lugo,

Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Ourol, Pol, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Quiroga, Ribadeo, Sarria, Taboada, O Valadouro, O Vicedo, Vilalba, Viveiro e Xove; da provincia de Ourense: Allariz, Amoeiro, Avión, Bande, Baños de Molgas, Barbadás, Beariz, Os Blancos, Calvos de Randín, O Carballiño, Cartelle, Celanova, Coles, Chandrexa de Queixa, A Gudiña, Larouco, Laza, Lobios, Maceda, Mancomunidade de Navea Bibei, Mancomunidade da Ribeira Sacra, A Mezquita, Muíños, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, Piñor, Punxín, Rairiz de Veiga, Riós, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Toén, A Veiga, Verín, Vilamarín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilariño de Conso, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo; e da provincia de Pontevedra: Agolada, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Catoira, A Estrada, Forcarei, O Grove, A Guarda, Lalín, Marín, Meis, Mondariz, Mos, Poio, Pontecesures, Pontevedra, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia,

Rodeiro, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Mancomunidade do Val Miñor, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Segundo.-Concederlles, con cargo á aplicación 13.04.231A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, subvención de carácter específico ás agrupacións de voluntarios de protección civil dos seguintes concellos: da provincia da Coruña: Arteixo, Carballo, A Coruña, Miño, Muxía, Noia, Ribeira e Santa Comba; da provincia de Lugo: Burela, Cervo, Sarria e Vilalba; da provincia de Ourense: Barbadás, O Carballiño, Coles e Verín, e da provincia de Pontevedra: Cangas, A Estrada, Mos, Sanxenxo, Mancomunidade do Val Miñor e Vilagarcía de Arousa.

Terceiro.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir.

Cuarto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde.

En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2003.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local