Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.662

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2003 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de xuño de 2003, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego da Saúde (Sergas).

A necesidade de reforza-lo persoal que desenvolve tarefas administrativas tanto na propia consellería como no Servicio Galego da Saúde (Sergas), fai necesaria a modificación da actual relación de postos de traballo da referida consellería e do Servicio Galego da Saúde (Sergas).

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezanove de xuño de dous mil tres, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego da Saúde (Sergas), nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do dezanove de xuño de dous mil tres, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego da Saúde (Sergas), coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública