Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.662

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución conxunta do 2 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, do Instituto Galego de Consumo, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, da Dirección Xeral de Saúde Pública, da Dirección Xeral de Xustiza, do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, da Dirección Xeral da Xuventude e do Centro de Desenvolvemento Sostible, pola que se convocan premios á innovación educativa sobre os temas transversais.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 124, do venres, 27 de

xuño de 2003, cómpre realiza-la oportuna corrección:

Na páxina 8.497, nas sinaturas, onde di:

«María González Vázquez

Directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller»

Debe dicir:

«Marta González Vázquez

Directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller»