Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.662

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 19 de xuño de 2003 pola que se nomea un novo membro do Consello Galego de Relacións Laborais en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 4 da Lei 7/1988, do 12 de xullo (DOG do 26 de xullo), de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados polo conselleiro de Traballo e Benestar Social.

Facendo uso da posibilidade de substitución que recolle o artigo 5 da dita lei, a Confederación de Empresarios de Galicia acordou a substitución dun membro titular da súa representación no consello.

A disposición adicional primeira do Decreto 212/2003, do 3 de abril (DOG do 11 de abril), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais sinala que a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais exercerá as funcións asignadas á extinta Consellería de Traballo e Benestar Social pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais.

Por todo o exposto, ó abeiro do artigo 4 da referida Lei 7/1988, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais en representación da Confederación de Empresarios de Galicia a Luis Novoa Díaz en substitución de José Mª Hidalgo González.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2003.

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA