Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 19 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador de incendios OU-107/2003, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora do expediente a Míriam Areal López, funcionaria desta delegación que poderá ser recusada conforme o réxime de recusación establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

A resolución do expediente será acordada polo delegado provincial (artigo 141 do Regulamento do 23-12-1972, en relación co Real decreto 67/1981, do 9 de xaneiro).

O expedientado ten dereito a coñecer en calquera momento do procedemento o estado de tramitación no que se encontra o expediente, acceder a el e obter copia dos documentos e das informacións

incluídas nel, tralo pagamento das taxas correspondentes.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan presentar por escrito cantas alegacións ou propostas de probas considere oportunas na defensa dos seus dereitos nesta delegación provincial sita na rúa do Paseo,18-5º piso.

De non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado propuesta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos o importe da sanción indicado no anexo.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado, producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes (artigo 8.2º do Real decreto 1398/1993). O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial en Ourense.

Ourense, 19 de maio de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº/ano: OU-107/2003-I.

Denunciado: José Manuel Gómez Iglesias.

DNI: 34970281.

Último enderezo coñecido: r/ Marcelo Macías, nº 8-4º B (Ourense).

Feito denunciado: realizar unha queima de herba seca e maleza carecendo da autorización correspondente.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 b) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

Sanción: 90,15 euros.