Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador PO-I-2002/238 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), noti

fícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento do 23 de decembro.

O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, as alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo no Servicio Técnico-Xurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta (Pontevedra), conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 23 de maio de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-I-2002/238.

Denunciado: Genaro Boullosa Míguez.

Último enderezo coñecido: A Igrexa, 62, Amoedo, 36841 Pazos de Borbén.

Feito denunciado: escape de queima con autorización pero sen medidas de seguridade.

Precepto infrinxido: artigo 138 c) do regulamento á Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento á Lei de incendios forestais.

Sanción: 300,51 euros.