De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre caza 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo).
Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, e sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.
Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiranse ó director xeral de Conservación da Natureza, para a resolución do procedemento.
De conformidade co artigo 8 do R.P. o pagamento voluntario polo imputado, en calquera momento anterior á resolución, poderá implicar igualmente a terminación do procedemento, sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes. O importe da sanción farase efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso que lle será facilitado nas oficinas desta delegación provincial ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.
Ourense, 22 de maio de 2003.
Míriam Areal López
Instructora
Visto e prace
Agustín Prado Verdeal
Delegado provincial de Ourense
ANEXO
Expediente: OU 012/2003-C.
Denunciado: Saturnino Lorenzo González.
DNI: 76757801.
Último enderezo coñecido: r/ Doutor Cabaleiro, 3. Ourense.
Feito probado: cazar con intensa néboa.
Precepto infrinxido e sancionador: artigo 58.38º da Lei de caza de Galicia 4/1997.
Cualificación da infracción: grave.
Sanción: multa de 601,02 euros, retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante un ano e un día.
Expediente: OU 088/2003-C.
Denunciado: Germán López Pérez.
DNI: 34544546.
Último enderezo coñecido: avda. de Buenos Aires, 241-1º. 32004 Ourense.
Feito probado: cazar en terreos dun tecor sen o correspondente permiso.
Precepto infrinxido e sancionador: artigo 58.27º da Lei de caza de Galicia 4/1997.
Cualificación da infracción: grave.
Sanción: multa de 601,02 euros, retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante un ano e un día.