Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.631

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (93/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social numero un da Coruña, fago saber: que nos autos nº 93/2003, seguidos por instancia de Francisco Barreiro Cedeira contra a empresa Carlos Vázquez Barbeito sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 11 de abril de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo integramente as pretensións da demanda e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e condeno á empresa Carlos Vázquez Barbeito a que readmita inmediatamente a Francisco Barreiro Cedeira nas mesmas condicións que rexían antes de se produci-lo despedimento, ou ben á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 12.626,08 euros.

A devandita opción deberá de exercitarse dentro do termo dos cinco días desde a notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia diante deste xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que sexa a opción, condeno así mesmo á parte demandada a que satisfaga á demandante os salarios que non teña percibido desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, tomándose en consideración para ese efecto o salario que se estima acreditado no feito probado primeiro, e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1º do ET e que ata esta data ascenden á cantidade de 2.698,68 euros a razón de 31,38 euros por día.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que, en contra da dita resolución, cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o cao, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademáis, acreditar ó anuncia-lo recurso, o ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta número 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista; máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Carlos Vázquez Barbeito que tivo o seu último enderezo coñecido en Betanzos (lugar de Castro s/n), e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 2 de xuño de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado