Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.631

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (142/2003).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de María del Carmen Pereiro Morandeira, contra Jesús Vázquez Valiño, sobre demanda de divorcio número 142/2003, se dictou o seguinte edicto:

Cédula de emprazamento.

En virtude da resolución dictada con esta data por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez dos da Coruña e o seu partido, coñecendo en autos de divorcio

seguidos neste xulgado co número 142/2003, por instancia de María del Carmen Pereiro Morandeira, representada pola procuradora Paloma Rodríguez Puente, pola presente e con entrega das oportunas copias de demanda e documentos que se acompañan, confírese traslado desta e emprázase a demandada que se dirá para que, no improrrogable prazo de vinte días compareza en autos, por medio de avogado e procurador, e conteste a demanda, propoñendo, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e de non facerlle máis notiticacións que as sinaladas na lei.

E para que conste e sirva de emprazamento á parte demandada Jesús Vázquez Valiño, estendo o presente edicto na Coruña, 2 de xuño de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado