Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.631

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (405/2003).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co nº 405/2003 se acordou, por Resolución do 30 de maio de 2003, a citación de María Carmen Costa González mediante a publicación da seguinte cédula de citación.

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar nº 405/2003, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a María Carmen Costa González, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 17 de xullo, ás 10.00 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoa de que, de non o verificar, recaerán sobre ela os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, trinta de maio de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado