Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.630

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (977/2002-P).

Manuel Ferreiro González, secretario da sala da Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, certifica que na apelación civil nº 977/2002, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número tres da Coruña, se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din:

Peza: recurso de apelación 977/2002-P.

Xulgado de Primeira Instancia número tres da Coruña.

Número 136.

A Coruña, 7 de maio de 2003.

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por María del Carmen Taboada Caseiro, presidenta, María José Pérez Pena, Luis Barrientos Monge, maxistrados, pronunciou , en nome de El-Rei, a seguinte sentencia:

«Vistos en grao de apelación ante esta Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, os autos de familia-divorcio contencioso 1640/1999, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número tres da Coruña, ós que lles correspondeu a peza 977/2002, nos que aparece como parte apelante a demandante Elisa Casal López, representada pola procuradora Nuria Román Masedo, e como apelado, o demandado declarado en situación procesual de rebeldía Jesús Carro Fernández. Interveu o Ministerio Fiscal. Foi relatora a maxistrada María José Pérez Pena.

Decidimos:

Que, con desestimación do recurso interposto contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número tres da Coruña, con data do 15-3-2002, pola que se resolve o xuízo de divorcio nº 1640/1999, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a citada resolución. Todo isto sen facer expresa imposición en canto ó pagamento das custas causadas nesta alzada.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, expido e asino este edicto na Coruña, 4 de xuño de 2003.

O secretario

Rubricado