Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.632

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (112/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 112/2003, seguidos por instancia de Argentina Prieto González contra Mundo Novias, sobre reclamación de cantidades, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dicto sentencia na data 12 de maio de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda presentada por Argentina Prieto González, debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibi-la cantidade de 1.014,54 euros máis o 10% de xuros por mora desde a data do seu correspondente devengo en concepto de diferencias salariais.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, facéndolles saber que, en contra dela non poden presentar recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Mundo Novias, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en avenida das Camelias, 48-baixo 36211, Vigo, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 3 de xuño de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado