Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2003, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro dun inmoble sito en Santiago de Compostela, para dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 312/2000, do 28 de decembro,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das necesidades do servicio e función que se vai satisfacer, da urxencia inherente a estas e das limitacións do mercado inmobiliario, xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro dun inmoble sito na rúa Eduardo Pondal nº 30-4º, de Santiago de Compostela, para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2003.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda