Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.606

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial e calendario laboral do convenio colectivo do sector de derivados do cemento.

Visto o expediente de revisión salarial e calendario laboral do convenio colectivo do sector de derivados do cemento, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-5-2003, subscrito pola comisión paritaria de interpretación do devandito convenio o día 28-4-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de maio de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo de derivados do cemento da provincia da Coruña (28-4-2003)

Asistentes:

Pola parte social: Francisco Blanco Veiga (CC.OO.), Justo López Comba (CC.OO.), Celestino Pérez Vázquez (UGT), José Carlos Rodríguez del Río (UGT), Jesús María Calvo Romero (UGT).

Pola parte empresarial: Francisco García Carrillo, Luis Neira (Asociación de Fabricantes de Derivados del Cemento de A Coruña), Marina Graña Bermúdez (secretaria xeral CAC).

Na Coruña, ás 17.00 horas do dia 28 de abril de 2003, reúnense as partes arriba indicadas, como compoñentes da comisión paritaria do convenio colectivo provincial de derivados do cemento, nos locais da Confederación de Empresarios da Coruña, co obxecto de aplica-la cláusula de revisión salarial correspondente ó ano 2002 e o incremento salarial para o ano 2003, de conformidade co disposto no convenio colectivo vixente.

De conformidade co disposto na disposición derradeira do convenio colectivo sobre as táboas salariais do ano 2001, que serviron de base de cálculo para

obte-las de 2002, aplicarase unha actualización do 2%. A cantidade así obtida por cada categoría ou nivel será o importe da revisión económica retroactiva como consecuencia da desviación do IPC do ano 2002. Este importe adicionarase ás táboas que estiveron vixentes en 2002 e o resultado así obtido será a base de cálculo para o incremento do ano 2003.

A seguir procédese a aplica-lo incremento salarial do 2,85 % para o ano 2003, sobre as táboas revisadas de 2002 e asínanse ámbalas táboas.

Faise notar que, igual que en anos anteriores, para os traballadores con modalidade de traballo a incentivo, incluídos nas categorías de enxeñeiro, perito, encargado, xefe 1ª administrativo, xefe 2ª administrativo, corredor a comisión, nas pagas extra non se retribúe incentivo; ós incluídos no resto das categorías si se lles retribúe.

Acórdase que o parágrafo 2º do artigo 4 do actual convenio colectivo queda modificado coa seguinte redacción: Os aspectos retributivos pactados retrotraerán os seus efectos ó 1 de xaneiro de 2003.

Así mesmo, acórdase corrixi-lo erro apreciado no artigo 23, no sentido de que o complemento non salarial se devengará por mes de asistencia ó traballo.

Lémbrase que respecto ó artigo 76 serán de aplicación os acordos recollidos no convenio xeral do sector, correspondendo para o ano 2003 unha indemnización en caso de morte, incapacidade permanente total, incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional, de 38.000 euros.

Acórdase que, dado o importe económico que supón a actualización salarial, se estableza un prazo para o pagamento de atrasos que consistirá no seguinte: os atrasos correspondentes ó ano 2002 aboaranse dentro do mes seguinte á publicación desta acta e as táboas salariais anexas. Os atrasos correspondentes ó ano 2003 aboaranse dentro dos dous meses seguintes á publicación desta acta e as táboas salariais anexas.

Acórdase así mesmo, establecer con carácter orientativo, para aquelas empresas que non teñan elaborado o sue propio calendario e para adapta-la xornada ó máximo anual establecido para este ano, os seguintes festivos de convenio: 3 de marzo, 2 de maio, 24 de decembro, 26 de decembro e 31 de decembro. Para as empresas que teñan xornada de 8 horas/día, restaría un exceso de xornada de 48 horas anuais.

Acórdase facultar a Marina Graña Bermúdez para a presentación da documentación necesaria ante a delegación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para o rexistro e a publicación desta acta, das táboas salariais revisadas do ano 2002 e das táboas salariais do ano 2003.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 18.00 horas da data arriba indicada.

Táboa salarial 2002 convenio derivados cemento A Coruña

NivelCategoríaSalario base

mes

Salario base

día

Complemento

convenio

Complemento

non salarial

Pagas extraTotal

2Enxeñeiro1.177,8639,269,8853,251.098,2519.100,09

3Perito995,6733,199,8853,25931,3716.580,11

4Encargado97332,439,8853,25910,5616.266,45

5Debuxante753,9225,139,8853,25708,5313.233,40

6Delineante 1ª743,7424,799,8853,25699,0913.092,30

7Delineante 2ª732,2724,419,8853,25688,3712.933,27

9Calcador709,7423,669,8853,25667,5412.621,21

3Xefe 1ª admvo.995,6733,199,8853,25931,3716.580,11

4Xefe 2ª admvo.892,7129,769,8853,25878,3415.238,48

6Oficial 1ª admvo.743,7424,799,8853,25699,0913.092,30

8Oficial 2ª admvo.720,5624,019,8853,25677,6412.771,32

9Aux. admvo.709,7423,669,8853,25667,5412.621,21

7Viaxante sen c.732,2724,419,8853,25688,3712.933,27

8Corredor sen c.720,5624,019,8853,25677,6412.771,32

9Corredor a c.709,7423,669,8853,25667,5412.621,21

5Encargado secc.753,9225,139,8853,25708,5313.233,40

7Capataz732,2724,419,8853,25688,3712.933,27

8Oficial 1ª720,5624,019,8853,25677,6412.771,32

9Oficial 2ª709,7423,669,8853,25667,5412.621,21

10Axudante698,6123,299,8853,25657,4612.467,49

11Oficial 3ª687,8022,929,8853,25647,3812.317,68

12Limpadora/peón676,4122,549,8853,25636,9712.160,16

Táboa salarial 2003 convenio derivados cemento A Coruña

NivelCategoríaSalario base

mes

Salario base

día

Complemento

convenio

Complemento

non salarial

Pagas extraTotal

2Enxeñeiro1.211,4340,3810,1654,761.129,5519.644,44

3Perito1.024,0534,1410,1654,76957,9217.052,64

4Encargado1.000,7333,3610,1654,76936,5116.730,05

5Debuxante775,4125,8410,1654,76728,7213.610,55

6Delineante 1ª764,9325,5010,1654,76719,0113.465,43

7Delineante 2ª753,1425,1110,1654,76707,9913.301,87

9Calcador729,9624,3310,1654,76686,5612.980,91

3Xefe 1ª admvo.1.024,0534,1410,1654,76957,9217.052,64

4Xefe 2ª admvo.918,1530,6110,1654,76903,3715.672,78

6Oficial 1ª admvo.764,9325,5010,1654,76719,0113.465,43

8Oficial 2ª admvo.741,1024,7010,1654,76696,9513.135,30

9Aux. admvo.729,9624,3310,1654,76686,5612.980,91

7Viaxante sen c.753,1425,1110,1654,76707,9913.301,87

8Corredor sen c.741,1024,7010,1654,76696,9513.135,30

9Corredor a c.729,9624,3310,1654,76686,5612.980,91

5Encargado secc.775,4125,8410,1654,76728,7213.610,55

7Capataz753,1425,1110,1654,76707,9913.301,87

8Oficial 1ª741,1024,7010,1654,76696,9513.135,30

9Oficial 2ª729,9624,3310,1654,76686,5612.980,91

10Axudante718,5223,9510,1654,76676,2012.822,81

11Oficial 3ª707,4023,5710,1654,76665,8312.668,73

12Limpadora/peón695,6923,1910,1654,76655,1312.506,72