Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.457

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CELANOVA

EDICTO (62/2001).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Que con estimación da demanda interposta polo procurador Sr. Taboada Sánchez, en nome e representación de Generosa Casero Pérez, quen actúa en nome propio e en beneficio da comunidade de gananciais que constitúe coa súa esposa Benito Feijóo Lorenzo, dirixida polo letrado Sr. Puga Rodríguez contra Rosa Fernández Prieto e Juan Camarena Rojas, representados polo procurador Sr. Fernández Vergara e dirixidos polo letrado Sr. Moure González, contra Jovita Miranda Araújo, representada polo procurador Sr. Fernández Vergara e dirixida polo letrado Sr. Reza Fernández e contra Sergio Miranda, declarado en rebeldía, debo declarar e declaro que o patio, obxecto de referencia e descrición na presente, se atopa gravado cunha servidume de paso de a pé, de carácter permanente, a favor do terreo e anaco de casa pertencentes a Generosa Casero Pérez e ó seu esposo, e en consecuencia debo condenar e condeno a Rosa Fernández Prieto e Juan Camarena Rojas a recoñece-la existencia de tal dereito de

servidume e, en consecuencia, a que manteñan sen cerrar con chave a porta metálica por eles instalada, ou subsidiariamente procedan á entrega á actora dun exemplar dela que permita abri-la cerradura coa que está dotada a devandita porta, permitindo o libre e inmediato exercicio de tal paso, e absténdose no sucesivo de levar a cabo calquera actuación que puidese dificultar ou impedi-la efectividade da expresada servidume.

Así mesmo, e con estimación da excepción de falta de lexitimación pasiva debo absolver e absolvo os codemandados Jovita Miranda Araújo, representada polo procurador Sr. Fernández Vergara e dirixida polo letrado Sr. Reza Fernández, e a Sergio Miranda, declarado en rebeldía, de tódalas pretensións contra eles formulada.

En canto ás custas procesuais devengadas no presente, impóñense ós codemandados Rosa Fernández Prieto e Juan Camarena Rojas, representados polo procurador Sr. Fernández Vergara e dirixidos polo letrado Sr. Moure González.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación que se preparará ante este xulgado no prazo de cinco días, a partir do seguinte ó da súa notificación por escrito no que se citará a resolución apelada e se manifestará a vontade de recorrer con expresión dos pronunciamentos que impugna.

Notifíquese esta resolución de conformidade co disposto no artigo 212 LAC.

Así por esta miña sentencia, da que se expedirá certificación para a súa unión ás actuacións, con

inclusión da orixinal no libro de sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Sergio Miranda Araújo, esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Celanova, trinta de outubro de dous mil dous.

O/A secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PADRÓN