Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.456

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO de emprazamento (610/2001-A).

En virtude do acordado por Pablo González-Carrero Fojon, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número nove dos da Coruña e o seu partido, en autos de xuízo ordinario número 610/2001-A, por instancia de Antonio Raso Rey, representando polo procurador Sr. Estévez Doamo, contra María del Carmen Cerdeira Moreda, Germán Cerdeira Moreda, Montserrat Cerdeira Moreda, Elvira Moreda Cerdeira, María de los Ángeles Rodríguez Fernández e Josefa Carmen Cerdeira Crespo, sobre reclamación de cantidade, por medio deste edicto emprázase a Josefa Carmen Cerdeira Crespo para que no prazo improrrogable de vinte días compareza no xuízo, constituíndose con avogado que a defenda e procurador que a represente e que a conteste na forma prevista nos artigos 405 e seguintes da Lei de axuizamento civil, baixo apercibimento de que se así non o verifica será declarada en rebeldía, seguindo o preito o seu curso, notificándoselle a resolución en que así sexa declarada e que unha vez feita esta, non se

levará a cabo ningunha outra, excepto a da resolución que poña fin ó proceso. Ó mesmo tempo faráselle saber, conforme o número 5 do artigo 155 da Lei de axuizamento civil, que deberá comunicar inmediatamente ó xulgado os cambios de domicilio que efectuase durante a substanciación do proceso.

E para que así conste e lle sirva de cédula de emprazamento á demandada Josefa Carmen Cerdeira Crespo, expido e asino este edicto na Coruña o vintenove de xaneiro de dous mil tres.

O/A secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE CELANOVA