Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.456

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO de poxa (35/2001).

Manuel Ferreiro González, secretario da Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, fai saber que por Resolución do 13-6-2003, dictada na executoria 35/2001, causa 213/1998, dimanante do sumario 1/1998 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, seguida contra José Luis Pasín Sánchez, por delicto de agresión sexual, acordouse sacar a poxa a metade indivisa do predio seguinte:

1. Urbana. Predio nº 23. Vivenda letra K da planta primeira do portal nº 10 da r/ Moscova, sita no polígono das Fontiñas, parcela R-8.4, da cidade de Santiago de Compostela. Ten unha superficie útil de 65,65 m e ten como anexos unha praza de garaxe duns 20 m e un rocho duns 3 m, sinalados co número 23, na planta soto. Propiedade de José Luis Pasín Sánchez e a súa esposa Luz Divina Nieves Vieites, con carácter ganancial. Inscrita no tomo 1.139, libro 165, folio 177 vto., predio nº 21.389, inscrición 3ª.

Valor da metade da taxación: 16.679,02 euros.

Metade das cargas: hipoteca de Caixa Galicia: 8.385,96 euros.

Metade que corresponde a José Luis Pasín Sánchez (valor da poxa): 8.293,07 euros.

A poxa terá lugar na Sala de Audiencia da Audiencia Provincial da Coruña, Sección Segunda, r/ Capitán Juan Varela, s/n, o día 22 de xullo de 2003, ás 10.00 horas, conforme as seguintes condicións.

Primeira.-A certificación rexistral do predio está de manifesto na secretaría deste tribunal.

Segunda.-Polo mero feito de participar na poxa entenderase que os ofertantes aceptan como suficiente a titulación que consta en autos e que aceptan, así mesmo, subrogarse nas cargas e gravames ante

riores ó crédito polo que se executa, no caso de que o remate se adxudique ó seu favor.

Terceiro.-Para tomar parte na poxa, os ofertantes deberán depositar previamente o 30% do valor de taxación do ben, na conta de depósitos e consignacións desta sección, nº 1543 0000 78 0035 01 de Banesto.

Cuarta.-Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán identificarse de forma suficiente, declarar que coñecen as condicións xerais e particulares da poxa, e presenta-lo xustificante do depósito a que se refire a condición anterior.

Quinta.-Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado e coas condicións anteriores.

A Coruña, 13 de xuño de 2003.

O secretario

Rubricado