Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.457

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (79/2002).

Luis Fernández Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dá fe e testemuño de que na executoria de faltas número 79/2002 se dictou este auto, o cal na súa parte dispositiva di:

1º Que procede declarar a José Gil Pedrol insolvente penal na causa de que procede esta executoria substituíndo a pena de trinta días de multa a razón de oitocentas pesetas diarias, pola pena de quince días de privación de liberdade que se cumprirá en establecemento penitenciario.

2º Procede declarar a José Gil Pedrol insolvente civil na causa de que procede esta execución, sen prexuízo de que viñer a mellor fortuna.

Requírase o condenado para que de forma inmediata manifeste se opta polo cumprimento da pena de quince días de arresto continuado ou solicita que esta sexa substituída pola de arrestos de fins de semana, entendéndose que no caso de non formular manifestación se procederá ó cumprimento da pena de arresto continuado.

Fágaselle saber que poderá liberarse da pena substitutiva imposta mediante o ingreso no prazo dun día da cantidade obxecto de execución na conta aberta a favor deste xulgado en Banesto 1575-0000-78-79/02, debéndoo acreditar perante o tribunal mediante a presentación do correspondente xustificante de ingreso.

E para que conste e sirva de notificación e requirimento en forma a José Gil Pedrol, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón o vintesete de maio de dous mil tres.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE

DE PONTEVEDRA