Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.377

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Paradores de Turismo de España, S.A. (Hostal de los Reyes Católicos).

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Paradores de Turismo de España, S.A. no seu

centro do Hostal de los Reyes Católicos (código convenio 1500731) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 15-4-2003, complementado o 15-5-2003, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa do centro de traballo o día 1-4-2003, complementado o 14-5-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballa

dores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de maio de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo entre Paradores de Turismo de España, S.A. e o persoal laboral do parador Hostal de los Reyes Católicos de Santiago de Compostela para 2002, 2003 e 2004

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio colectivo regulará as relacións laborais no Hostal de los Reyes Católicos de Santiago de Compostela.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio será de aplicación a tódolos empregados do Hostal de los Reyes Católicos de Santiago de Compostela, así como ós que sexan contratados durante a súa vixencia, exceptuándose da súa aplicación o réxime retributivo dos niveis 1 que será pactado individualmente cos titulares dos postos do dito nivel, con respecto en todo caso dos mínimos que figuran nas táboas salariais. Non se aplicará en ningún dos seus aspectos ós cargos de confianza e asesoramento técnico non incluídos nas táboas salariais deste convenio.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

a) Este convenio terá unha duración de tres anos, concretamente desde o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro do 2004 e para cada un dos ditos tres exercicios observarase o que con carácter propio di o articulado.

b) Durante a vixencia do convenio respectaranse as condicións máis beneficiosas que, a título persoal, poidan afectar os traballadores incluídos no seu ámbito de aplicación.

Artigo 4º.-Efectos económicos.

Con vixencia para os anos 2002, 2003 e 2004 os termos económicos do acordo concrétanse en:

a) Incremento de masa salarial abranguendo nela a totalidade dos conceptos que a integran, en cada un dos anos da vixencia será o resultante da seguinte desagregación:

Para o ano 2002:

Salario base e demais conceptos directamente repercutidos por el: un incremento do 2,78 por 100. Complemento ad personam o 50 por 100 da porcentaxe de incremento do salario base, é dicir, o 1,39 por 100. Complemento de posto, sen variación e só para os seus actuais perceptores. Establecemento dun fondo de productividade, consistente no 1 por 100 da masa salarial do ano 2001, sempre en termos de homoxeneidade de cadro de persoal.

Para o ano 2003:

Na masa salarial incluirase un 1 por 100 adicional da masa resultante de 2002, en concepto de fondo de productividade. O incremento de salario base, demais conceptos repercutidos directamente polo salario e complementos ad personam e de posto, rexeranse polos mesmos criterios sinalados para 2002. Se a Lei de orzamentos xerais do Estado do ano 2003 establecese unha porcentaxe de incremento de masa salarial superior ó ano precedente, aplicarase esa variación á alza e a citada masa salarial crecería na mesma proporción.

Para o ano 2004:

Na masa salarial incluirase un 1 por 100 adicional da masa resultante de 2003, en concepto de fondo de productividade. No resto aplicaranse os mesmos criterios establecidos para 2003.

b) Criterios para determinación e repartición do fondo de productividade.

1. Constitúese un fondo de productividade integrado polos seguintes valores:

a) Ano 2002: o 1% da masa salarial correspondente ó ano 2001.

b) Ano 2003: o 1% da masa salarial correspondente ó ano 2002.

c) Ano 2004: o 1% adicional da masa salarial correspondente ó ano 2003.

A cantidade resultante en cada un dos anos 2003 e 2004, engádese á do ano precedente.

2. A contía resultante da determinación dos ditos valores para cada un dos anos distribuirase de acordo cos seguintes criterios:

a) A distribución do fondo de productividade efectuarase sempre que se produza unha variación á alza do índice semestral de vendas por empregado, comparado co índice do mesmo semestre do ano precedente. Para estes efectos son vendas, os ingresos brutos de explotación do parador, incluídas as vendas de artigos varios e as comisións por cambio de divisas e quedan excluídos do termo vendas os

impostos por IVE, as comisións de axencias de viaxes e os descontos por pagamento do cliente con tarxeta de crédito. Para os efectos de determinación do dito índice non se considerará o persoal do cadro con contrato laboral non suxeito ó convenio colectivo.

b) O aboamento do fondo de productividade efectuarase a cada empregado en dúas partes, respectivamente nos meses de xuño e decembro, en proporción ó tempo de servicios efectivamente prestados en cada semestre do ano de que se trate. Se por razón de verificación dos datos necesarios para determina-la base de cálculo, o pagamento no fose factible coa nómina de cada un destes dous meses, efectuarase na nómina do mes seguinte respectivo:

Para os efectos do establecido neste artigo, considéranse tempo efectivo de traballo:

-As licencias para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

-As baixas por accidente de traballo e enfermidade profesional.

-O tempo de crédito de horas mensuais dos dous representantes do persoal

-As baixas por maternidade.

-As baixas por incapacidade temporal que requiran hospitalización e o tempo das súas secuelas.

c) Para o ano 2002, o 30% da contía resultante conforme o punto 1 a) anterior e cumpridos os requisitos dos puntos 2 a) e 2 b), distribuirase linealmente entre os empregados afectados polo convenio. O resto distribuirase de forma proporcional por niveis de acordo coa táboa de coeficientes.

Para o ano 2003, o 30% da contía resultante conforme o punto 1 b) anterior e cumpridos os requisitos dos puntos 2 a) e2 b) distribuirase linealmente entre os empregados afectados polo convenio. O resto distribuirase de forma proporcional por niveis de acordo coa táboa de coeficientes.

Para o ano 2004, o 30% da contía resultante conforme o punto 1 c) anterior e cumpridos os requisitos dos puntos 2 a) e 2 b) distribuirase linealmente entre os empregados afectados polo convenio. O resto distribuirase de forma proporcional por niveis de acordo coa táboa de coeficientes.

A contía resultante entre as porcentaxes antes fixadas e o montante do fondo de productividade, aboarase conforme o sistema de coeficiente seguinte:

Nivel salarialCoeficiente

Nivel I1,2

Nivel II1,15

Nivel III1,1

Nivel IV1,05

Nivel V1

3. O importe do fondo de productividade que resulte para o ano 2004, consolídase dentro da masa salarial que corresponda a ese exercicio anual e constitúe base para negociar incrementos en futuras negocia

cións. Esta consolidación non presupón a súa incorporación a retribucións fixas.

Artigo 5º.-Denuncia e prórroga.

O presente convenio poderá ser denunciado por calquera das partes con dous meses de antelación ó seu vencemento. Unha vez denunciado, as partes comprométense a formaliza-la mesa negociadora no prazo de tres meses a partir de ser recibida a comunicación de denuncia.

Artigo 6º.-Compensación e vinculación á totalidade.

As condicións de traballo ou económicas pactadas neste convenio, así como as voluntarias que se establezan no sucesivo, serán compensadas e absorbidas ata onde alcance polos aumentos, melloras ou condicións superiores de calquera natureza que, fixados por disposición legal, contrato individual ou concesión voluntaria, poidan establecerse no sucesivo. As condicións deste convenio son consideradas como unha unidade indivisible e non será válida ningunha delas se se suprimise algunha.

Artigo 7º.-Solución arbitral de conflictos.

As partes asinantes deste convenio asumen somete-las cuestións que se presenten en razón da súa aplicación, xa sexan discrepancias nas súas interpretacións ou conflictos, ó sistema de arbitraxe vixente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mantense a comisión paritaria formada por dous membros do comité de empresa e dous representantes da empresa.

Capítulo II

Retribucións

Artigo 8º.-Salarios.

As táboas salariais de 2002 son as que figuran no anexo I deste convenio.

Artigo 9º.-Manutención.

Todo o persoal de calquera categoría que non faga uso do dereito de manutención, recibirá como compensación en metálico a cantidade de 21,75 euros mensuais en 2002.

Artigo 10º.-Complemento ad personam.

a) 1. Ós actuais perceptores do complemento ad personam, que substituíu o anterior réxime de antigüidade, incrementaráselles aquel en cada ano de vixencia do convenio, no 50 por cento da porcentaxe de incremento do salario base.

2. Este complemento non é de aplicación a novas contratacións de persoal fixo e incrementarase cada ano no 50 por 100 da porcentaxe de incremento do salario base e mantense só mentres subsista a vinculación coa empresa.

b) Os empregados afectados polo sinalado na letra a) precedente percibirán por cada quinquenio de servicios efectivos prestados, contados en canto ó seu vencemento desde o 1 de xullo de 1996, a can

tidade fixa de 42,07 euros mensuais por cada quinquenio que, devengado, se incorpora ó seu complemento ad personam.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións de decembro e de xullo serán de trinta días de salario base máis, se é o caso, complemento ad personam que substitúe o réxime de devengos por antigüidade, complementos persoais recollidos nas táboas salariais para os que o teñan recoñecido a título singular, se é o caso, e manutención.

Coa mesma base de cálculo no mes de setembro aboarase unha paga extraordinaria de quince días.

A gratificación de xullo terá un período de devengo do 1 de xullo ó 30 de xuño e aboarase non máis tarde do 15 de xullo.

A gratificación de setembro terá un período de devengo do 1 de setembro ó 31 de agosto e aboarase non máis tarde do 15 de setembro.

A gratificación de decembro terá un período de devengo do 1 de xaneiro ó 31 de decembro e aboarase non máis tarde do 15 de decembro.

As gratificacións extraordinarias aboaranse co valor que corresponda á data de pagamento

Artigo 12º.-Incentivo.

Con independencia dos diversos conceptos retributivos que contén este convenio, establécese en favor dos traballadores dese centro un devengo en función dos cuartos ocupados durante o ano que se determinará do seguinte xeito:

Primeiro.-Cinco días de haber fixo cando a porcentaxe de ocupación media anual de cuartos sexa o 40% de ocupación real do hotel.

Segundo.-Dez días cando a porcentaxe media anual sexa do 50%.

Terceiro.-Un día máis por cada unidade enteira de aumento na porcentaxe real de ocupación, redondeándose a fracción cara ó número enteiro máis próximo.

Cuarto.-Tres días máis de salario cando se supere a porcentaxe media anual do 60% de ocupación do hotel.

Quinto.-Cinco días e medio máis de salario cando se supere a porcentaxe media anual do 70% de ocupación do hotel.

Sexto.-Para efectos dos cálculos anteriores, así como os correspondentes á disposición derradeira, a base sobre a que se calcula a porcentaxe será o número de cuartos dispoñibles de uso en cada momento, entendendo por dispoñibles todos excepto os afectados por obras de reparación ou conservación. Por haber fixo entenderase o salario base, o complemento ad personam, e mailos complementos persoais, se é o caso, e manutención.

Sétimo.-Da cantidade que resultase por aplicación dos criterios anteriores deducirase a parte proporcional que corresponda a ausencias do traballo por IT, agás que esta teña como causa a maternidade, accidente de traballo, enfermidade profesional e hospitalización, calquera que fose a causa e duración dela e as súas secuelas ata a alta por curación, no que concirne ó complemento salarial por IT que lle corresponde aboar á empresa e con independencia da prestación económica a cargo da Seguridade Social.

Oitavo. A escala de remuneración correspondente ó incentivo de ocupación regulado neste artigo, para os traballadores non reclasificados nin no anterior nin neste convenio, terá un incremento de sete días no tramo superior ó 70% de ocupación e un día máis se se supera o 75% de ocupación.

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

A regulación das horas extraordinarias será conforme a lexislación vixente e aboarase cunha recarga do 75% sobre o valor da hora ordinaria. O valor da hora ordinaria será o que resulte, en cada caso, calculándose conforme a seguinte fórmula:

Salario base anual + complemento ad personam

+ complementos persoais anuais, se é o caso

Xornada anual

Capítulo III

Xornada de traballo, vacacións

e servicios especiais

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

A duración da xornada laboral será de corenta horas semanais, a razón de oito horas diarias de xornada laboral e dous días de descanso semanal ininterrompido.O descanso de media hora dentro da xornada continuada considérase como tempo efectivo de traballo.

Artigo 15º.-Vacacións.

O período de vacacións anuais para todo o persoal afectado polo presente convenio, será de trinta días naturais.

Será obrigatorio o seu desfrute e non se poderá pactar cambialas polo seu valor económico.

A dirección da empresa, oídos os representantes dos traballadores, fixará o cadro de vacacións para o ano natural, prevalecendo o pacto coa empresa sobre a distribución das vacacións.

Todo traballador ten dereito a coñece-lo seu período de vacacións, polo menos, con dous meses de antelación á data do seu desfrute.

A partir do 1 de xaneiro de 2004, os traballadores afectados por este convenio terán dereito a desfrutar, dentro de cada ano natural, dun período de vacacións de trinta e un días naturais.

Artigo 16º.-Días festivos aboables e non recuperables.

Os traballadores desfrutarán dos días festivos aboables e non recuperables sinalados no calendario oficial dentro do mes da festividade correspondente.

En ningún caso estes festivos se acumularán ás vacacións. Igualmente, faise obrigatorio o seu desfrute e non poderán cambiarse polo seu valor económico.

Artigo 17º.-Servicios en días festivos.

Aqueles traballadores que pola índole do servicio que realizan están obrigados a traballar en festivos, aboables e non recuperables, solicitarán do seu xefe de departamento as datas que poidan interesarlles cunha antelación de oito días ás datas propostas. O xefe de departamento autorizará o seu desfrute, sempre e cando as necesidades do servicio o permitan. De non ser factible a súa concesión nas datas indicadas, o xefe do departamento proporá outras que non sexan prexudiciais para a boa marcha do servicio.

En caso de xurdir discrepancias sobre as datas decidirá a comisión paritaria prevista neste convenio.

Capítulo IV

Baixas, licencias, cobertura de vacantes

e excedencias

Artigo 18º.-Cesamento voluntario.

O prazo de aviso previo, nos casos de cesamentos voluntarios dos traballadores, será de vinte días para xefes e segundos xefes de departamento. O resto do persoal, dez días.

O incumprimento destes prazos por parte dos traballadores dará lugar á perda dos emolumentos que puidesen corresponderlles polas partes proporcionais das gratificacións de xullo e decembro, na parte correspondente ós días de falta de aviso previo.

Artigo 19º.-Licencias.

Sen perda de retribución, concederanse as seguintes licencias:

1. Casamento do traballador: quince días.

2. Voda de fillos e irmáns: un día se é dentro de Galicia e tres se é fóra dela.

3. Enfermidade grave, intervencióin cirúrxica ou hospitalización do cónxuxe, pais e fillos e demais supostos recollidos na Lei de conciliación da vida laboral e familiar: catro días.

4. Parto da esposa, adopción ou acollemento: catro días.

5. Morte de cónxuxe, pais, fillos ou irmáns: catro días.

6. Morte de pais, fillos, irmáns políticos, avós e netos: dous días.

7. Por traslado do domicilio habitual: un día.

8. Ata dous días ó ano para asuntos propios, co fin de atender necesidades persoais.

Os ditos días de asuntos propios desfrutaranse sempre que se avise o xefe do departamento con, polo menos, seis días de antelación, agás causas excepcionais inevitables, non sendo necesaria a posterior xustificación da causa.

Salvo pacto en contrario, que prevalecerá sempre, non se desfrutarán en días de traballo situados entre dous festivos, non poderán acumularse entre si, e non poderán ser utilizados simultaneamente por máis dun empregado do mesmo departamento.

Os días de asuntos propios non desfrutados ó final do exercicio aboaranse na nómina do mes de xaneiro do ano seguinte no seu valor do salario/día, segundo niveis, entendéndose por salario tódolos conceptos salariais.

Nos supostos número 3, 5 e 6 a excepción do suposto de falecemento de irmáns políticos, entenderase que os días de licencia se computarán á marxe dos días de descanso que podían corresponder ó traballador.

A excepción da licencia por asuntos propios, o resto de licencias reguladas neste artigo deberán ser xustificadas documentalmente polo traballador a requirimento da empresa.

Artigo 20º.-Cobertura de vacantes.

1. Cubriranse só aquelas que a empresa sinale como necesarias porque respondan a esixencias estructurais na actividade do establecemento, sen prexuízo do establecido nos artigos 33 e 37 deste convenio.

2. Vacantes de nivel 1 e 2. Establécese un sistema de libre designación por parte da empresa, logo de consideración dos candidatos internos debidamente cualificados.

3. Vacantes de nivel 3 e 4. Celebraranse as correspondentes probas de selección, obtendo a vacante aquel candidato que, tendo aprobadas as probas, obteña a puntuación máis elevada.

4. Vacantes de nivel 5. Se houbese aspirantes de parador distinto ó Hostal de los Reyes Católicos, cubrirase atendendo á rigorosa orde de antigüidade na empresa, sobre o que unicamente prevalecerán as necesidades de reunificación familiar. Se a vacante resultase deserta procede a designación de traballador alleo á empresa, se ben, en función dos servicios prestados ó Hostal de los Reyes Católicos, como contratado temporal en posto do mesmo nivel, terán prioridade os que acrediten ter prestado servicios en tal condición e sempre a favor dos que a acrediten con maior vinculación temporal.

5. En todo caso e en igualdade de circunstancias, contarán con preferencia os aspirantes destinados no establecemento.

6. Antes de vencer dous meses desde a sinatura do convenio, a empresa terá definidos os requisitos básicos para aspirar á cobertura de vacantes e no prazo máximo de catro meses, tamén contados desde a sinatura, a empresa confeccionará os temarios e probas tipo para cubrir vacantes de cada nivel profesional. Con carácter previo á aprobación do sinalado daráselle trámite de audiencia ó comité do centro para efectos de que formule as propostas ou suxestión que considere convenientes. Estes temarios e requisitos estarán no parador á disposición de tódolos traballadores un mes máis tarde.

7. O resultado do proceso de cobertura de vacantes será comunicado ó comité de centro e farase público mediante nota informativa.

8. O comité de centro contará con presencia e participación activa no desenvolvemento das probas técnico-profesionais propias de cada proceso de selección e comprobará que o seu desenvolvemento se axusta ó respecto das regras de procedemento establecidas. Para tal fin designará un dos seus membros ou outro empregado en quen delegue tal presencia e participación por cada un dos procesos selectivos, aínda que comprenda vacantes de varios departamentos. Tal representación sindical terá acceso, se así o solicita, ás cualificacións adxudicadas e exames de cada aspirante, a excepción das de vacantes dos niveis 1 e 2.

9. Con carácter xenérico, esgotado o proceso de cobertura de vacantes, e para aquelas que resultasen desertas, a empresa poderá recorrer á contratación de persoal externo a ela logo de verificación de que o dito persoal cobre as esixencias establecidas para o persoal interno.

10. A empresa, unha vez determinado o cadro de persoal estructural, asome o compromiso adicional de crea-lo emprego fixo necesario para a cobertura desta con emprego indefinido, conforme o establecido neste convenio.

Artigo 21º.-Excedencias.

a) A excedencia forzosa concederase nos seguintes casos:

1. Nomeamento ou elección para un cargo público.

2. Elección para cargo sindical de ámbito provincial ou superior e polo tempo que dure o seu exercicio.

b) A excedencia voluntaria concederáselle a tódolos traballadores que leven polo menos un ano de servicio na empresa e por un prazo non inferior a dous anos, nin superior a cinco.

O excedente voluntario perderá o seu dereito preferente ó reingreso se durante a súa excedencia prestase servicios por conta allea en calquera posto de traballo, dentro do territorio nacional, en empresas encadradas no acordo laboral de ámbito estatal para o sector da hostalería.

A excedencia voluntaria deberá solicitarse nos meses de xaneiro, febreiro, marzo, outubro, novembro e decembro. A empresa estará obrigada a outorga-la súa concesión no prazo dun mes.

c) Excedencia especial dun a doce meses:

Ó traballador con antigüidade na empresa dun ano ou máis concederáselle este tipo de excedencia por un período dun a doce meses, coa reserva do posto de traballo no mesmo establecemento, sempre e cando estean suficientemente xustificadas as causas de solicitude a xuízo da dirección e logo de informe do comité de centro.

Non se poderá desfrutar dunha nova excedencia deste tipo se non transcorreron dous anos desde a conclusión da inmediata anterior. En caso de se comproba-la falsidade das causas alegadas, a excedencia especial concedida considerarase excedencia voluntaria.

Esgotado o período de excedencia especial, o interesado poderase acoller á excedencia voluntaria expresada nos parágrafos anteriores.

d) Licencia sen soldo:

Por razóns persoais e para supostos que non teñan encaixe nalgún dos casos anteriores, a empresa, logo de conformidade do director rexional por proposta do director do establecemento, poderá autorizar peticións individuais de licencia sen soldo e con reserva de posto de traballo de ata seis meses de duración.

Artigo 22º.-Enfermidade.

En caso de enfermidade ou accidente, a empresa incrementará a prestación á Seguridade Social, ata o 100 por 100 do salario base, máis, se é o caso, complemento ad personam e complemento persoal e manutención. Esta prestación manterase por un período de doce meses sen prexuízo do que establece o artigo 12 para o incentivo de ocupación.

Non se reducirán días de período de vacacións nos seguintes casos:

1. Os casos de accidente laboral.

2. A maternidade da muller.

3. Tódalas licencias retribuídas.

4. Menos de tres meses de IT.

Artigo 23º.-Absentismo.

Co fin de axusta-lo absentismo ós seus supostos realmente xustificativos por IT, a empresa a través da atención facultativa adecuada, poderá verifica-lo estado de enfermidade ou accidente que sexa comunicado polo traballador, a través do parte de baixa, co fin de xustifica-las faltas de asistencia ó traballo, mesmo mediante recoñecemento a cargo do seu servicio médico da empresa. A negativa infundada do traballador ó dito recoñecemento poderá determina-la suspensión dos dereitos económicos a cargo da empresa pola dita situación.

Os traballadores coidarán que nos partes de baixa e confirmación figure sempre o diagnóstico. Se o facultativo negase a inclusión do diagnóstico no parte de baixa ou nos de confirmación, corresponderalle á empresa a actuación pertinente para reparar tal anomalía, sen que iso supoña carga adicional para o traballador.

Capítulo V

Réxime social e asistencial e formación

Artigo 24º.-Premios de xubilación e auxilio de defunción.

Todo productor que desexe xubilarse antes dos sesenta e cinco anos, terá dereito a unha mensualidade cada dous anos de servicio; non se computarán para estes efectos os primeiros cinco anos. Se a xubilación se producise a partir dos sesenta e cinco anos, o traballador terá dereito a dúas mensualidades ós quince anos de servicio, tres mensualidades de quince a vinte anos, catro de vinte a vintecinco anos, cinco de vintecinco a trinta anos, seis de trinta a trinta e cinco ou máis. En caso de falecemento do traballador, concederáselle á viúva ou fillos un auxilio de defunción nas seguintes contías:

Ata cinco anos de servicio: cinco mensualidades.

Ata dez anos de servicio: seis mensualidades.

Ata quince anos de servicio: sete mensualidades.

Ata vinte anos de servicio: oito mensualidades.

Ata vintecinco anos de servicio: nove mensualidades.

A partir dos vintecinco anos, unha mensualidade máis, cada cinco anos.

Enténdese por mensualidade a totalidade dos conceptos retributivos que o traballador percibira no mes, máis a parte proporcional das retribucións de vencemento superior ó mes, é dicir, incentivo de ocupación e pagas extraordinarias.

A vixencia do establecido neste artigo mantense ata o 31 de decembro do ano 2005 ou, se é o caso, ata a sinatura dun novo convenio.

Artigo 25º.-Dote por casamento.

O dote do persoal que contraia matrimonio consistirá no aboamento dunha mensualidade por cada ano de servicio, cun máximo de seis anos. Entenderase como salario o fixo que corresponda ó traballador pola súa categoría profesional, previsto neste convenio, máis, se é o caso, o complemento ad personam ó que, se é o caso, se engadirían os quinquenios.

Este dereito afectará unicamente os traballadores que, ó contraeren matrimonio, rescindan o seu contrato de traballo.

Tanto o persoal masculino como o feminino, que leve dous anos ó servicio da empresa e contraia matrimonio, e continúe nela, percibirá en concepto de dote unha mensualidade de retribucióin determinada cos criterios sinalados no parágrafo primeiro deste artigo.

Se o dito persoal non permanecese un ano máis a partir da data do casamento, descontaráselle na

liquidación que se lle practique a cantidade que percibise, en concepto de dote.

Artigo 26º.-Seguro colectivo de vida e incapacidade.

Paradores de Turismo de España, S.A. concertará un seguro de vida que lle garanta á persoa ou persoas consignadas polo traballador na correspondente póliza, en caso de falecemento deste antes da idade de xubilación, un capital de 9.135,35 euros. Igualmente, este seguro garántelle ó traballador a entrega de capital por unha soa vez computando as prestacións da Seguridade Social en caso de que sexa declarado ó productor en estado de incapacidade permanente que determine a imposibilidade de traballar ou perda de emprego.

Artigo 27º.-Formación.

A formación profesional como dereito e deber dos traballadores encaixarase nas previsións que para tal fin se inclúen na planificación formativa do conxunto da empresa, sen prexuízo de específicas accións formativas para o Hostal de los Reyes Católicos.

Artigo 28º.-Xubilación.

Acórdase a xubilación obrigatoria ós sesenta e cinco anos de idade, sempre que o traballador teña cuberto o período de cotización que dá dereito a percibir da Seguridade Social, a pensión de xubilación.

Será de aplicación ós traballadores que desexen xubilarse ós 64 anos o previsto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, conforme o cal os haberes pasivos serán do cen por cento ó cumpri-los 65 anos, e na lexislación complementaria.

Capítulo VI

Indemnizacións por razón do servicio

Artigo 29.-Axudas de custo e locomoción.

1. A empresa aboaralles ós empregados incluídos no ámbito de aplicación do convenio os gastos nos que incorresen por razón de desprazamentos ordenados pola empresa para participar en actividades sindicais ou formativas e en todo caso en que o desprazamento se deba a convocatoria empresarial.

2. O reembolso dos gastos incorridos esixe sempre a achega dos correspondentes xustificantes de gasto.

3. O medio de transporte e a súa clase axustarase ás seguintes regras:

-Como norma xeral e para traxectos superiores a 300 quilómetros utilizarase transporte público, agás que a dispoñibilidade horaria ou o tempo investido no traxecto aconsellen o uso de vehículo propio.

-Para viaxes aéreas utilizaranse clases turista e/ou económica.

-Para viaxes en tren pódese facer en 1ª clase, sempre que o custo sexa igual ou inferior ó equivalente en avión en clase económica.

-Os residentes en Canarias, Ceuta e Melilla farán sempre uso do desconto por residencia.

-Se se utiliza o propio vehículo aboaranse 0,15 euros por km percorrido e aplicarase a táboa de distancias quilométricas dispoñibles na empresa.

4. Desprazamentos ó estranxeiro. Aplicarase o disposto no Real decreto 236/1988 e as normas posteriores da súa actualización, agás que o desprazamento, aloxamento e manutención sexan a cargo da propia empresa, neste caso non se percibirán as cantidades sinaladas.

5. Os gastos referenciados son os únicos reembolsables, agás nalgún suposto excepcional que puidese darse e que esixirá autorización expresa.

6. Se excepcionalmente e porque non estiver sinalado o contrario se realizase a viaxe acompañado dun ou varios dos membros da unidade familiar, os custos incorridos por eles facturaranse á parte e serán aboados directamente polo empregado.

7. En concepto de gastos de difícil xustificación aboaranse 6,01 euros diarios, no caso de viaxes dentro de España. En viaxes ó estranxeiro determinarase a contía deste concepto segundo as circunstancias propias da viaxe.

8. A solicitude de autorización para viaxar axustarase ó modelo establecido pola instrucción DXERH 13/1997.

9. Anticipos: pódense reembolsar en contía aproximada ós gastos previsibles. O seu reintegro efectuarase sen dilación seguido do reembolso de gastos.

Capítulo VII

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 30º.-Saúde laboral.

O comité paritario constituído para o efecto axustará as súas actuacións ó disposto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, e normas de desenvolvemento.

Artigo 31º.-Roupa de traballo.

O pagamento para o calzado, calcetíns e medias de uniforme efectuarase por medio da entrega dunha cantidade en metálico polo mesmo importe e as mesmas datas en que se lles aboa este concepto ós demais traballadores da empresa ós que lle corresponda o pagamento.

Capítulo VIII

Representación sindical

Artigo 32º.-Competencias do comité de centro.

Expresamente, recoñécenselle ó comité de centro as competencias establecidas no artigo 64 do Estatuto dos traballadores.

Os membros do comité de empresa disporán, cada un, de trinta horas mensuais retribuídas dentro da xornada laboral para desenvolve-las funcións de cargos sindicais.

Trimestralmente facilitaráselle información sobre tódolos asuntos que teñan incidencia directa na situación dos traballadores.

Os membros do comité de empresa poderán acumula-las horas sindicais dos outros vocais deste sempre que conste autorización expresa destes.

As garantías recoñecidas ós membros do comité de empresa serán extensivas ó delegado de sección

sindical que se designará nos termos previstos na Lei orgánica de liberdade sindical.

Entre as competencias do comité inclúese a de celebrar asembleas de traballadores, fóra da xornada de traballo, logo de comunicación á dirección do establecemento cunha antelación mínima de setenta e dúas horas á da súa celebración.

Capítulo IX

Mobilidade funcional, consolidación e traballos

de categoría superior

Artigo 33º.-Consolidación de categoría.

Aqueles traballadores respecto dos que resultase acreditada a realización de traballos de categoría superior durante un período de tempo superior a tres meses nun ano, consolidarán esta e a retribución correspondente, a excepción do complemento persoal, se é o caso. Desta regra excluiranse aqueles casos nos que se produza a necesaria substitución en caso de IT. O previsto neste artigo non afecta as categorías profesionais dos niveis 1 e 2.

Artigo 34º.-Traballos de categoría superior.

Mentres tanto non se consolide a categoría superior efectivamente desempeñada, conforme o establecido no artigo anterior, cobraranse as diferencias salariais, a excepción, se é o caso, do complemento persoal e isto sempre que nas funcións do substituto non entre a de supli-lo substituído.

Artigo 35º.-Norma común á promoción automática e traballos de categoría superior.

Nos dous supostos enunciados no título deste artigo, o desempeño das funcións asumidas inclúe a realización das que son propias da categoría de procedencia.

Capítulo X

Garantía de emprego e contratación

Artigo 36º.-Garantía de emprego.

Durante a vixencia deste convenio, a dirección da empresa comprométese a garanti-lo emprego dos traballadores fixos do Hostal de los Reyes Católicos, agás que mediase causa legal, suficiente que posibilitase afectar aquel.

Artigo 37º.-Contratación.

Os tipos de contratos que se subscribirán no Hostal de los Reyes Católicos abranguerán calquera fórmula contractual regulada no Estatuto dos traballadores e normas complementarias e de desenvolvemento.

A empresa, unha vez determinado o cadro de persoal, estructural asume o compromiso de crea-lo emprego fixo necesario para a cobertura delas con emprego indefinido, conforme o establecido no artigo 20 deste convenio referente á cobertura de vacantes.

As contratación temporais que fose necesario realizar, dada a natureza da actividade empresarial, faranse de maneira causal, determinando claramente a actividade para a que se realiza tal contratación e evitando o encadeamento de contratos de duración

determinada. En canto á retribución e á indemnización aplicarase o que determinen as táboas salariais anexas e a normativa en vigor.

A empresa asume o compromiso de restrinxir ó máximo os contratos a través de empresas de traballo temporal, non obstante, no caso de que sexa imprescindible a utilización de servicios de empresas de traballo temporal aplicarase o establecido na normativa aplicable e a empresa informará os representantes dos traballadores sobre o contido de cada un dos contratos de posta á disposición e motivo da súa celebración, dentro dos dez días seguintes á súa formalización. A sinatura de contratos de posta á disposición só será posible con empresas de traballo temporal que apliquen o vixente convenio sectorial estatal.

Os contratos en prácticas e formación realizaranse coa finalidade prevista na lexislación, procurando, en todo caso, que se cumpran os tempos establecidos pola lei para a formación do traballador e asignando o titor correspondente. Nestes, coma nos demais contratos laborais non se establecerán diferencias ou minoracións retributivas respecto das recollidas nas táboas salariais acordadas.

No caso de que un posto de traballo da mesma categoría profesional fose cuberto con contratos de acumulación de tarefas durante máis de 18 meses, ou con contratos en prácticas de 2 anos de duración cada un, durante máis de 48 meses, entenderase que existe unha vacante estructural no establecemento que deberá ser cuberta conforme o establecido no artigo 20 deste convenio.

As necesidades de incorporación de empregados con contratación temporal, amparada en causa xustificativa suficiente, farase con suxeición ós seguintes criterios:

1. Preferencia no tempo dos que mantiveran relación laboral temporal co hostal nos últimos 24 meses (agás contratos de substitución), contados desde a sinatura do convenio, cunha duración de contratos non inferior a 6 meses.

2. Que se trate de persoas respecto das cales non se producise declaración ou recoñecemento xudicial ou administrativo de causa suficiente para extinción ou non continuación de previa resolución laboral, tanto de duración determinada como indefinida. A mesma regra xogará se, declarada a improcedencia

dun despedimento, a empresa optase pola non readmisión indemnizada.

3. Que a resposta ó chamamento sexa inmediata. Se así non sucedese o chamado quedaría excluído de calquera expectativa de chamamento para o futuro.

4. Entre os chamados producirase a rotación de maneira que, esgotada a causa xustificativa do chamamento determinante dunha contratación temporal, o contratado quedará situado ó final dos relacionados na bolsa de traballo resultante do sinalado no punto 1, bolsa na que a orde inicial se establece dando a preferencia ós que acrediten máis tempo de contratación temporal. A rotación non se producirá cando a duración dos contratos acumulados non alcance os tres meses.

5. Os contratos temporais amparados neste acordo terán sempre como límite que, ademais da súa xustificación, non dean lugar ó encadeamento que se poida invocar para consolidación como contrato fixo, aínda que poden determinar, conforme o acordado neste artigo, a necesidade de convocar unha vacante estructural (contratos de duración determinada por circunstancias da producción de duración total acumulada, aínda que sexa con diferentes contratados, igual a 18 meses de forma continuada ou 48 meses continuados no caso de contratos formativos).

6. Novas incorporacións á bolsa de traballo: produciranse cando mediando causa obxectiva suficiente, se decida unha nova contratación temporal e se cumpra o requisito de permanencia mínima recollido no punto 1 precedente.

Disposicións adicionais

Primeira.-Plan de pensións.

Fanse extensivas as mesmas conclusións que sobre esta cuestión se acaden no convenio xeral.

Segunda.-Réxime social e asistencial complementario.

No tocante ó réxime social e asistencial e respecto do non previsto neste convenio, será de aplicación na parte proporcional que corresponda, o establecido nos artigos 47, 48, 53, 54 e 55 do convenio xeral de paradores, nos termos do anexo II que se xunta ó convenio.

ANEXO I

Categorías profesionais, niveis, retribucións e complementos persoais no parador Hostal de los Reyes Católicos

(Vixente desde 1 de xaneiro de 2002)

Categorías profesionais, categorías de convenio e niveis

Área funcional primeira

Recepción, conserxería, administración e xestión

Grupo profesional I

Categorías profesionaisCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Xefe de recepciónXefe de recepción1936,19249,041.185,23

Segundo xefe de recepciónSegundo xefe de recepción2842,55231,521.074,07

Categorías profesionaisCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Xefe de administraciónXefe de administración1936,19140,951.077,14

Primeiro conserxeConserxe de primeira1936,1980,441.016,63

Segundo conserxe1936,1974,901.011,09

Grupo profesional II

Categorías profesionaisCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

ConserxeConserxe de noite2842,5568,55911,10

RecepcionistaRecepcionista3786,4080,73867,13

AdministrativoOficial administrativo3786,4068,55854,95

Secretaria3786,400786,40

Grupo profesional III

Categorías profesionaisCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Axudante/a administrativoAuxiliar administrativo4748,940748,94

Axudante/a de recepción e conserxeríaAxudante de conserxe4748,940748,94

TelefonistaTelefonista de noite4748,940748,94

Telefonista4748,940748,94

Grupo profesional IV

Categorías profesionaisCategorías del convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Auxiliar de recepción e conserxeríaVixilante de noite4748,940748,94

Mozo de equipaxes4748,940748,94

Porteiro de acceso4748,940748,94

Porteiro de segunda4748,940748,94

Área funcional segunda

Cociña e economato

Grupo profesional I

Categorías profesionaisCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Xefe de cociñaXefe de cociña1936,19342,181.278,37

Segundo xefe de cociñaSegundo xefe de cociña2842,55239,331.081,88

Grupo profesional II

Categorías profesionaisCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Xefe de partidaXefe de partida2842,5570,25912,80

ReposteiroReposteiro2842,5570,31912,86

Oficial reposteiro2842,5560,21902,76

Encargado de economatoEncargado de economato e bodega3786,4090876,40

Bodegueiro3786,40131,44917,84

CociñeiroCociñeiro3786,400786,40

Grupo profesional III

Categorías profesionaisCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Axudante de cociñaAxudante de cociñeiro4748,9455,18804,12

Axudante de reposteiro4748,9455,18804,12

Axudante de economatoMozo de economato4748,9455,18804,12

Grupo profesional IV

Categorías profesionaisCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Auxiliar de cociñaMarmitón5674,0550,18724,23

Fregador/a5674,0540,15714,20

Pinche5674,0550,18724,23

Área funcional terceira

Restaurante, bar e similares

Grupo profesional I

Categorías profesionaisCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Xefe de restaurante ou salaXefe de comedor1936,190936,19

Segundo xefe de restaurante ou salaSegundo xefe de comedor2842,550842,55

Grupo profesional II

Categorías profesionaisCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Xefe de sectorXefe de sector2842,55115,05957,60

Encargado de mostrador2842,550842,55

CamareiroCamareiro3786,4030,10816,50

Dependente de primeira3786,400786,40

Grupo profesional III

Categorías profesionaisCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Axudante de camareiroAxudante de camareiro5674,050674,05

Área funcional cuarta

Pisos e limpeza

Grupo profesional II

Categorías profesionaisCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Encargado/a xeralGobernante/a1936,1968,551.004,74

Encargado/a de secciónSubgobernante/a2842,550842,55

Encargado/a de lencería2842,550842,55

Grupo profesional III

Categorías profesionaisCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Camareiro/a de pisosCamareiro/a de pisos4748,940748,94

Lenceiro/a4748,940748,94

Grupo profesional IV

Categorías profesionaisCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Auxiliar de pisos e limpezaLimpador/a5674,050674,05

Mozo de limpeza5674,050674,05

Área funcional quinta

Servicios de mantemento e servicios auxiliares

Grupo profesional II

Categorías profesionaisCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Encargado de mantemento e serviciosXefe do servicio técnico1936,19171,351.107,54

Encargado de secciónEncargado de traballos2842,5541,12883,67

Grupo profesional III

Categorías profesionaisCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Especialista de mantemento e serviciosFontaneiro3786,400786,40

Carpinteiro3786,400786,40

Pintor3786,400786,40

Electricista3786,400786,40

Xardineiro3786,400786,40

Grupo profesional IV

Categorías profesionaisCategorías do convenioNiveisSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total mensual

Auxiliar de mantemento e servicios auxiliaresAuxiliar de mantemento e servicios auxiliares4748,940748,94

Os empregados as denominacións dos cales cambian manterán o contido da prestación laboral do posto de traballo que viñesen desenvolvendo o mesmo que para os novos traballadores que accedan á empresa.

Os importes dos salarios base mensuais destas táboas son os correspondentes ó ano 2002.

O complemento persoal sinalado nestas táboas aboarase, sen incremento durante toda a vixencia do convenio, ós actuais perceptores del, con carácter exclusivo.

A liquidación de atrasos correspondente a este convenio, farase efectiva dentro do mes seguinte á data en que se teña coñecemento da resolución da autoridade laboral sobre homologación e inscrición do convenio no rexistro correspondente.

ANEXO II

Artigos do convenio colectivo xeral de Paradores de Turismo de España, S.A., co seu persoal laboral para os anos 2001, 2002 e 2003, ós que se refire a disposición adicional segunda deste convenio colectivo.

As cantidades que como fondos para bolsas, para axudas para gastos de libros escolares e para créditos que en cada caso se sinalan nos artigos 53, 54 e 55, que a seguir se trascriben literalmente, aplicaranse para o persoal que presta os seus servicios no parador Hostal de los Reyes Católicos, na proporción que resulte, tomando en consideración o cadro de persoal do parador Hostal de los Reyes Católicos.

As referencias de intervención ou de competencias que se lle atribúan nestes artigos ó comité intercentros, terán que se entender feitas ó comité de centro do parador Hostal de los Reyes Católicos.

Premio de nupcialidade.

O persoal dun e outro sexo que contraia matrimonio ou equivalente no suposto doutras relixións ou crenzas e que leve na empresa máis de dous anos de servicio efectivo, percibirá na nómina do dito mes un premio de 171,87 euros.

Premio de natalidade.

Por cada fillo nacido a partir da entrada en vigor deste convenio aboaráselle ó traballador que leve

máis de tres anos na empresa a cantidade de 82,75 euros que se pagarán na nómina do dito mes. No suposto de que os pais do nacido sexan ambos traballadores da empresa, o premio aboaráselle exclusivamente ó pai ou á nai.

Bolsas de estudios.

1. Para os fillos dos traballadores: créase un fondo de 12.481,34 euros anuais como axuda para cursaren estudios de carreira universitaria. Este fondo será repartido entre tódalas solicitudes admitidas e posteriormente seleccionadas. En caso de que a realización de tales estudios implique cambio de residencia, a asignación será dobre có importe da económica xeral.

As normas para adxudicación destas bolsas serán as seguintes:

a) Terán dereito a solicitar estas bolsas os fillos do persoal acollido a este convenio. Igualmente poderán solicitalo aqueles fillos de orfos que en vida do pai ou nai desfrutasen con aproveitamento dunha das bolsas concedidas neste artigo e os fillos dos traballadores que causasen baixa por enfermidade ou accidente, nas mesmas condicións. Quedan excluídos os fillos emancipados.

b) Teranse en conta o número de membros e os ingresos da unidade familiar do solicitante. Para isto, a contía da bolsa será maior cando os ingresos divididos polo número de membros sexan menores.

c) Non terán dereito os fillos daqueles traballadores que teñan solicitada outro tipo de bolsa.

1. Para traballadores: créase un fondo de 12.481,34 euros para atende-los gastos de estudios daqueles que o soliciten. En caso de non poder xunta-la matrícula dentro do prazo establecido, este documento deberá suplirse por certificado da universidade ou escola oficial, indicando en que data será a matrícula; así mesmo, o traballador xuntará unha declaración na que se comprometa a xunta-la matrícula na data inmediata á súa subscrición, xa que en caso contrario deberá devolve-lo importe da bolsa concedida, que en primeira instancia se lle concedeu pendente deste requisito e como anticipo de soldo do mes en que certifique o prazo de matriculación.

A contía da bolsa irá en relación cos gastos que teña que soporta-lo traballador.

2. Créase igualmente outro fondo de 6.240,67 euros para axudar á recuperación dos fillos dos traballadores en escolas especiais por razón da súa discapacidade física ou psíquica.

É requisito imprescindible xunta-lo certificado médico acreditativo do tipo de deficiencia padecido.

Para recibir calquera das bolsas anteriormente relacionadas é imprescindible presentar xunto coa solicitude, ademais dos especificamente descritos en cada unha delas, os seguintes documentos:

a) Impreso de matrícula ou xustificante de que está matriculado no centro onde vai realiza-los estudios. É importante que neste impreso figure o importe pagado.

b) Certificado oficial de que non solicita outra bolsa, ou documento similar.

c) Informe dos delegados de persoal ou membros do comité de centro certificando a veracidade da documentación achegada.

d) Declaración da renda ou certificado de ingresos da unidade familiar xunto co certificado de Facenda de que non se fixo declaración da renda.

A falta de calquera dos documentos solicitados suporá a inmediata denegación da bolsa.

As solicitudes presentaranse antes do 30 de novembro de cada ano, a través do director respectivo e dirixidas á Dirección Xeral de Recursos Humanos da empresa.

Unha vez pechado o prazo de admisión de solicitudes, estas serán entregadas ó comité intercentros, o cal efectuará a súa selección e posteriormente serán aprobadas pola dirección da empresa.

Axuda para gastos de libros escolares.

Créase un fondo de 11.233,20 euros para axuda de libros escolares distribuídas en axudas de ata 48,08 euros cada unha. As ditas axudas concederánselles ós traballadores con fillos en idade escolar a partir de preescolar ata que comecen a etapa universitaria.

No seo da unidade familiar poderanse adxudicar tantas axudas como fillos houber, sempre e cando os recursos económicos así o esixan co fin de lle axudar a quen máis o necesita.

Os solicitantes deberán xuntar fotocopia da declaración da renda do ano anterior, certificado do director do colexio en que estea matriculado, así como a factura da compra dos libros.

As solicitudes deberánselle enviar antes do 31 de outubro de cada ano á Dirección Xeral de Recursos Humanos, que llas entregará ó comité intercentros, que efectuará a súa selección e adxudicación; pasaráselle á Dirección Xeral de Recursos Humanos a relación de admitidos e excluídos e os seus importes correspondentes, para que o mes seguinte da dita entrega lles sexa aboado ós traballadores afectados.

En tódolos casos de concesión de axuda ou bolsas, a falta dalgún documento ou requisitos esixidos supón a exclusión definitiva e por tanto denegación da solicitude.

Créditos.

Créase un fondo de 74.888,03 para a concesión de créditos ós seus traballadores para lles facer fronte ás necesidades familiares urxentes.

O comité intecentros estará facultado á vista das solicitudes de crédito para fraccionalos segundo as peticións e necesidades.

Os solicitantes deberán acredita-la situación económica da unidade familiar.

En caso de que só traballe un dos membros, deberá xuntar declaración xurada do resto dos membros da unidade familiar que en idade superior a 16 anos non traballen, así como copia da declaración da renda do ano anterior e informe dos delegados de persoal ou do comité de centro.

As solicitudes deberán enviárselle á dirección de persoal antes do 31 de xullo de cada ano, as cales lle serán entregadas ó comité intercentros da empresa, que será quen efectúe a selección. Posteriormente serán aprobadas pola dirección da empresa.

En caso de urxente necesidade, o comité intercentros poderalle propoñer á dirección da empresa a anticipación da concesión dalgúns dos citados créditos.

Unha vez concedidos os préstamos, reintegraranse nun prazo máximo de 48 mensualidades.

Definitivamente concedidos, os créditos entregaranse ó mes seguinte da súa concesión.

A falta dalgún documento ou requisito esixidos supón a exclusión definitiva e, polo tanto, a denegación da solicitude.